Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Mostrando entradas con la etiqueta titiriteiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta titiriteiros. Mostrar todas las entradas

4 nov 2024

Caperucita Terrorífica

 Como todos sabedes no recreo de comedor os luns temos o noso club de lectura.

Este curso dedicámolo a ler contos e historias que despois nós dramatizamos. Aquí podedes ver a versión de Carapuchiña creada por Aldara, Antía, Carol, Juan, Israe e Liam. Esperamos que vos guste e que polo menos vos divirta. Animarvos a crear e interpretar. Temos premios para todos !!!





O vampiro Edelmiro e a cativada de 6º de E.I.

 

Os alumnos e alumnas de 6º de E.I. lemos e interpretamos o álbum ilustrado O Vampiro Edelmiro.

Este tipo de libros anima ao lector para ir máis aló da súa lectura. A vivir aventuras cos seus personaxes.

Por iso o vampiro Edelmiro sae da biblioteca e paséase pola clase de 5 anos.

Sae ao patio onde descobre que comer san é o mellor.

Esperamos que vos guste o noso vídeo. Nós pasámolo xenial !!!










24 abr 2016

Día do libro .400 anos da morte de Cervates.

Para lembrar ao xenial escritor e a súa obra máis importante: Don Quixote.  Programamos diferentes actividades durante todo o mes de abril.
Aquí tedes un adianto do que fixemos para o Día do Libro.
Os alumnos de 6º que están realizando un proxecto sobre Cervantes decidiron confeccionar uns marcapáxinas deseñados por eles.
O venres 22 de abril, despois de moito traballo agasallaron a toda a comunidade esducativa con un. 



Os alumnos de 3º elaboraron e crearon este fermosa obra de monicreques.