Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

17 may 2024

Foron felices e comeron perdices.


 Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Procedente probablemente dalgunha escola unitaria das parroquias ou de Vilanova.
Nesta investigación tamén descubrimos que Saturnino Calleja  publicou dous tipos de libros:
Libros escolares como o que temos na nosa biblioteca e libros de ficción.
Os máis famosos son os chamados Contos de Calleja.
Estes contos eran unha especie de cromos que fai cen anos coleccionaban os nenos e nenas da época.
Era unha forma de achegar a lectura ás clases populares.
Os contos medían uns 5 centímetros e gardábanse nunha caixa de lata.
Homenaxeando aos nosos antepasados, alumnado e profesorado escribiu e ilustrou 
un conto e puxémolos ao dispor de todos.
A fin de curso os nosos contos serán depositados nunha caixa de lata que queremos que non volva abrirse ata que pasen 50 anos. 

E como dícía Saturnino, esperamos que se cumpla aquelo de " foron felices e comeron perdices" frase que el inventou para rematar os seus contos.  







Día do Libro 2024 Exposición " Don Quijote no colexio"

Este curso o noso colexio  cumpre 50 anos.
Pareceunos que é o mellor momento para revisar e analizar o noso fondo histórico de libros.
Decidimos habilitar un espazo para estudalo e custodialo.
Así foi como atopamos algunhas das xoias bibliográficas coas que realizamos as actividades que che imos a mostrar.
O equipo de biblioteca agradece a colaboración do alumnado de 3º de E. P. que foi fundamental para a realización destas actividades.



Decidimos que para celebrar este día nada mellor que facer unha exposición de todos os exemplares de diferentes edicións que temos na biblioteca.

Así foi como apareceu este que vedes na foto. Probablemente procede de algunha antiga escola unitaria das parroquias ou da antiga escola de Lourenzá. A data de publicación é de 1942.
Temos de todas as épocas.
Os nosos avós, pais e nós mesmos sempre temos un momento para achegarnos a este fermoso libro.





A abelliña que perdeu as ás

O alumnado de 1º e 2º de Primaria  leu e ilustrou este fermoso libro de poesía de Ramón Romero Nogueira.

Este conto en verso é un canto á natureza e ao coidado dos animais e as plantas.

As ilustracións que vemos nas fotos foron realizadas con diferentes técnicas de ilustración dixital.

Desde esta biblioteca convidamos o autor a visitarnos.

Para nós é o mellor libro de poesía infantil publicado este ano.

Felicidades!!!





Coñecendo escritores: David Rodríguez.

 Como sabedes desde a biblioteca procuramos que cada ano nos visite un escritor ou escritora que se dedique a literatura infantil. 

Foi así como nestes últimos anos pasaron pola nosa biblioteca  autores como Ledicia Costas, O Hemtocrítico, Sabela N. Singala, Antía Yáñez e Fina Casalderey.

Este ano acompañounos David Rodríguez. Presentounos o seu Libro: Superavoa. 

Este conto gustounos moito, e por riva David tamén é un cantante moi divertido.

Moitas grazas por vir!!!