Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

17 may 2024

Foron felices e comeron perdices.


 Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Procedente probablemente dalgunha escola unitaria das parroquias ou de Vilanova.
Nesta investigación tamén descubrimos que Saturnino Calleja  publicou dous tipos de libros:
Libros escolares como o que temos na nosa biblioteca e libros de ficción.
Os máis famosos son os chamados Contos de Calleja.
Estes contos eran unha especie de cromos que fai cen anos coleccionaban os nenos e nenas da época.
Era unha forma de achegar a lectura ás clases populares.
Os contos medían uns 5 centímetros e gardábanse nunha caixa de lata.
Homenaxeando aos nosos antepasados, alumnado e profesorado escribiu e ilustrou 
un conto e puxémolos ao dispor de todos.
A fin de curso os nosos contos serán depositados nunha caixa de lata que queremos que non volva abrirse ata que pasen 50 anos. 

E como dícía Saturnino, esperamos que se cumpla aquelo de " foron felices e comeron perdices" frase que el inventou para rematar os seus contos.  







No hay comentarios:

Publicar un comentario