O día 24 de octubro celebramos este día proxectando e interpretando en directo estes libros que podedes atopar na biblioteca.
Os alumnos de 4 anos contaron Elmer y Rosa
Os alumnos de 5 contaron Os tres porquiños.
Os alumnos de 3º recopilaron en diferentes libros adiviñas moi divertidas.
Os de 1º dende o patio e a biblioteca contaron Caperucita roja
Os alumnos de 2º contaron Corre corre Cabaciña.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
30 oct 2016
Lecturas para pasar un pouquiño de medo.
Como se vai achegando "halloween" e o Samaín, dende a biblio fixemos esta selección dos nosos libros de medo favoritos.
Os grumos na biblioteca .
Para empezar o outono dende a biblioteca recomendamos a todos a lectura dos libros: El bosque de los grumos e El misterio de los grumos.
Estes libros de Carlos Fabretti fainos viaxar por un fermoso e misterioso bosque cheo de persoaxes fantásticos.
Aos alumnos de 4º esculpiron e imaxinaron como serían. Esperamos que vos gusten e que vos pasedes a velos.
Estes libros de Carlos Fabretti fainos viaxar por un fermoso e misterioso bosque cheo de persoaxes fantásticos.
Aos alumnos de 4º esculpiron e imaxinaron como serían. Esperamos que vos gusten e que vos pasedes a velos.
Así pensamos que son...e tí? |
30 jun 2016
Viaxamos ao Espazo con Fabola.
Para rematar o curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos
unha exposición que abarcou dende o Big
Bang ata a Estación Espacial Internacional.
Recopilamos todo o que tiñamos e
elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos
adaptados aos nosos alumnos/as. Despois
de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén un cosmógrafo, un atlas do espazo e un
telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre
emprestado e con lista de espera.
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.
Aquí tedes os murais feitos por todos:
A Galaxia |
Sistema Solar |
Exposición de fondos |
Tamén vimos unha peli muda que nos encantou!!! |
Fixemos tamén debuxos e contos. |
5 jun 2016
Proxecto de Investigación: "Si morren as abellas morremos nós"
Os alumnos de 4º e 6º traballaron este curso o mundo dás abellas e do mel tan importante para a nosa vida.Estudamos tamén a ameaza que supón as vespas velutinas que afectan cada vez máis a toda Galicia, como podedes ver nestes vídeos.
Unha vez rematado o proxecto, decidimos montar a Exposición de Voz Natura coas nosas investigacións. Viñemos moi contentos xa que quedamos finalistas, aquí van unhas fotos. Gracias a todos por participar. Podedes ver esta exposición no colexio ata fin de curso.
18 may 2016
Escolma de versos. Homenaxe a Manuel María
Como xa sabedes esta semana celebramos o Día das Letras galegas, adicado este ano ao poeta Manuel María.
Na biblioteca temos a vosa disposición a súa obra. Neste vídeo podedes ver os poemas que máis nos gustaron. Tamén vos poñemos debuxos que fixemos para ilustralos.
E para rematar a celebración fixemos o día 26 de maio unha celebración no patio do colexio. Elaboramos grandes murais e recitamos por cursos os poemas que máis nos gustaron.
Infantil 3 e 4 anos. |
Infantil 5 anos |
1º.Primaria |
1º Primaria |
2º Primaria |
3º Primaria |
6º Primaria |
4º Primaria |
5º Primaria |
2 may 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)