Para rematar o curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos
unha exposición que abarcou dende o Big
Bang ata a Estación Espacial Internacional.
Recopilamos todo o que tiñamos e
elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos
adaptados aos nosos alumnos/as. Despois
de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén un cosmógrafo, un atlas do espazo e un
telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre
emprestado e con lista de espera.
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.
Aquí tedes os murais feitos por todos:
A Galaxia |
Sistema Solar |
Exposición de fondos |
Tamén vimos unha peli muda que nos encantou!!! |
Fixemos tamén debuxos e contos. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario