Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Escritores que nos visitaron
17 may 2024
Foron felices e comeron perdices.
Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Día do Libro 2024 Exposición " Don Quijote no colexio"
A abelliña que perdeu as ás
O alumnado de 1º e 2º de Primaria leu e ilustrou este fermoso libro de poesía de Ramón Romero Nogueira.
Este conto en verso é un canto á natureza e ao coidado dos animais e as plantas.
As ilustracións que vemos nas fotos foron realizadas con diferentes técnicas de ilustración dixital.
Desde esta biblioteca convidamos o autor a visitarnos.
Para nós é o mellor libro de poesía infantil publicado este ano.
Felicidades!!!
Coñecendo escritores: David Rodríguez.
Como sabedes desde a biblioteca procuramos que cada ano nos visite un escritor ou escritora que se dedique a literatura infantil.
Foi así como nestes últimos anos pasaron pola nosa biblioteca autores como Ledicia Costas, O Hemtocrítico, Sabela N. Singala, Antía Yáñez e Fina Casalderey.
Este ano acompañounos David Rodríguez. Presentounos o seu Libro: Superavoa.
Este conto gustounos moito, e por riva David tamén é un cantante moi divertido.
Moitas grazas por vir!!!