1. XUSTIFICACIÓN.
O tema do noso proxecto xurde cando unha nena da aula de 4 anos cóntalle a súa titora cos seus pais fixeron unha viaxe a Francia e trouxéronlle un niño artificial de paxaros. Partindo deste punto os nosos nenos empezan a facer preguntas como; qué é un niño?, para qué sirve?, quén o fai?, con qué?..... E o equipo do ciclo de Infantil decidimos, nunha reunión de ciclo,que tiñamos que ponernos a investigar cos nenos todas esas interrogantes e así nace o noso proxecto co nome de “O niño de Cecilia” e que foi desenvol ó longo do 3º trimestre do curso.
O noso primeiro paso foi traballar na asamblea o tema e comprobar cales eran as ideas previas que os nosos nenos posuian. Unha vez valorado chegamos a conclusión de que, en xeral, as ideas previas eran moi pobres e tomamos esta valoración como punto de partida do noso proxecto para establecer as metas que queríamos perseguir, a selección de contidos, os recursos e materiais e a planificación do noso traballo.
2. OBXECTIVOS.
OBXECTIVO XERAL: Observar o seu entorno máis inmediato, identificando as características dos elementos co forman, mostrando unha actitude de curiosidade e coidado do mesmo.
OBXECTIVOS:
Ø Planificar e secuenciar as propias acción
Ø Planificar e ordear a súa acción en función da información recibida.
Ø Valorar a importancia so medio natural e a súa calidade para a vida.
Ø Utilizar a linguaxe oral e escrita como medio de expresión e comunicación.
Ø Coñecer algunas das aves da contorna.
Ø Aprender a traballar en equipo dende o concepto da colaboración e participación.
Ø Resolver autónomamente determinadas situación.
- CONTIDOS.
Ø Observación directa e sistemática das aves.
Ø Discriminación e clasificación das aves atendendo as súas características.
Ø Planificación secuencida para resolver tarefas.
Ø Textos orais; contos, adiviñas,poesías…..
Ø Resolución de problemas a través da investigación.
Ø Dialogos, charlas e debates.
Ø Elaboramos un libro das aves.
Ø Aprendemos cancións.
Ø Elaboramos o noso disfraz.
- CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
v Concretar exemplos nos que a vida humana actúe positiva ou negativamente sobre o medio.
v Recoñecer e identificar diferentes tipos de aves.
v Planificar e realizar diferentes tipos de pequenas investigación.
v Actuar autónomamente en diferentes situacións de conflicto.
v Formular situacións problemáticas.
v Participar en situacións de comunicación,dirixidas e espontáneas.
v Narrar e describir diferentes situacións.
- COMPETENCIAS BÁSICAS.
As competencias básicas traballadas no noso proxecto foron:
1. Competencia en comunicación lingüística.
2. Competencia matemática.
3. Competencia no coñecemento e interacción col mundo físico.
4. Tratamiento da información e competencia digital.
5. Competencia social e cidadá.
6. Competencia cultural e artística.
7. Competencia para aprender a aprender.
8. Autonomía e iniciativa persoal.
6. INDICADORES DA AVALIACIÓN.
ü Realiza investigación autónomamente.
ü Actúa con curiosidade.
ü Resolve situacións, conflictos problemas,….
ü Comunícase de xeito fluido
ü Exprésase de xeito claro e ordeado.
ü Coida e respeta o medio.
7. METODOLOXIA.
Neste proxecto plantexamosnos as seguintes esstratexias metodolóxicas
ü Método expositivo-interrogativo, a través desta metodoloxía presentamos a información xa elaborada os nosos alumnos. O seu soporte fundamental é a linguaxe oral.
ü Estrategia indagadora, a través dela, pretendemos cos nenos se enfrenten a situacions novas e problemáticas, nas que deban utilizar reflexivamente os seus coñeeimentos previos e contrastarlos cos que vai a adquirir.
ü Con respecto a l organización que realizaremos cos nosos alumnos a hora de traballar, debemos expresar que formaremos grupos pequeños o grandes e incluso se realizarán actividades de forma individual.
ü Por outra parte, é convinte resaltar que, a metodoloxía será activa.
8. MATERIAIS E RECURSOS.
Utilizamos todos os medios dos que disponemos no centro (aulas, Biblioteca, TICS,….) así como todo tipo de material, funxible, reciclado…, e tamén utilizamos os recursos e materiais do entorno.
9. VALORACION.
A valoración do noso proxecto foi moi positiva xa que despertou o interés dos nenos e sobre todo disfrutaron e divertíronse moito.O noso obxec tivo foi intentar englobar dentro do proxecto todos os campos que puidésemos abarcar e fomentar a participación e colaboración de todos os nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario