17 may 2024

Foron felices e comeron perdices.


 Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Procedente probablemente dalgunha escola unitaria das parroquias ou de Vilanova.
Nesta investigación tamén descubrimos que Saturnino Calleja  publicou dous tipos de libros:
Libros escolares como o que temos na nosa biblioteca e libros de ficción.
Os máis famosos son os chamados Contos de Calleja.
Estes contos eran unha especie de cromos que fai cen anos coleccionaban os nenos e nenas da época.
Era unha forma de achegar a lectura ás clases populares.
Os contos medían uns 5 centímetros e gardábanse nunha caixa de lata.
Homenaxeando aos nosos antepasados, alumnado e profesorado escribiu e ilustrou 
un conto e puxémolos ao dispor de todos.
A fin de curso os nosos contos serán depositados nunha caixa de lata que queremos que non volva abrirse ata que pasen 50 anos. 

E como dícía Saturnino, esperamos que se cumpla aquelo de " foron felices e comeron perdices" frase que el inventou para rematar os seus contos.  







Día do Libro 2024 Exposición " Don Quijote no colexio"

Este curso o noso colexio  cumpre 50 anos.
Pareceunos que é o mellor momento para revisar e analizar o noso fondo histórico de libros.
Decidimos habilitar un espazo para estudalo e custodialo.
Así foi como atopamos algunhas das xoias bibliográficas coas que realizamos as actividades que che imos a mostrar.
O equipo de biblioteca agradece a colaboración do alumnado de 3º de E. P. que foi fundamental para a realización destas actividades.



Decidimos que para celebrar este día nada mellor que facer unha exposición de todos os exemplares de diferentes edicións que temos na biblioteca.

Así foi como apareceu este que vedes na foto. Probablemente procede de algunha antiga escola unitaria das parroquias ou da antiga escola de Lourenzá. A data de publicación é de 1942.
Temos de todas as épocas.
Os nosos avós, pais e nós mesmos sempre temos un momento para achegarnos a este fermoso libro.





A abelliña que perdeu as ás

O alumnado de 1º e 2º de Primaria  leu e ilustrou este fermoso libro de poesía de Ramón Romero Nogueira.

Este conto en verso é un canto á natureza e ao coidado dos animais e as plantas.

As ilustracións que vemos nas fotos foron realizadas con diferentes técnicas de ilustración dixital.

Desde esta biblioteca convidamos o autor a visitarnos.

Para nós é o mellor libro de poesía infantil publicado este ano.

Felicidades!!!





Coñecendo escritores: David Rodríguez.

 Como sabedes desde a biblioteca procuramos que cada ano nos visite un escritor ou escritora que se dedique a literatura infantil. 

Foi así como nestes últimos anos pasaron pola nosa biblioteca  autores como Ledicia Costas, O Hemtocrítico, Sabela N. Singala, Antía Yáñez e Fina Casalderey.

Este ano acompañounos David Rodríguez. Presentounos o seu Libro: Superavoa. 

Este conto gustounos moito, e por riva David tamén é un cantante moi divertido.

Moitas grazas por vir!!!



25 mar 2024

Día da Poesía

 Desde a biblioteca celebramos este día recitando e ilustrando poemas para todos o alumnado.

Lembrade que a poesía ten moitos beneficios xa que favorece a memoria, gracias a musicalidade e a rima dos versos, así como as súas frases cortas que permiten exercitar a memoria con gran facilidade.

Ademáis estimula o desenrolo da linguaxe conseguindo unha maior conciencia fonlóxica.

                                                            Alumnado de 6º de E.I.

                                                           Alumnado de 5º de E.I.
                                                                Alumnado de 4º de E.I.
          E para rematar o alumnado de 3º recupera e recita este fermoso poema de Manuel María.



50 anos educando en Igualdade.

 Este ano decidimos dedicar o Día da Muller a todas as mestras que pasaron ao longo destes 50 anos polo colexio. 

E xa que o colexio se chama Juan Rey en homenaxe a un antigo mestre de Vilanova de Lourenzá. Decidimos que as aulas levaran o nome de mestras que estiveron boa parte da súa vida no noso colexio.

Mestras que deixaron unha gran pegada no seu alumnado. GRAZAS !!!


                       Dina, Ana, Amanda e Maruja na foto e  no noso corazón Inés e Marina.

As aventuras de Clementina

Como sabedes o noso colexio celebra este ano o 50 aniversario. Por iso para celebrar o Día da Muller traballamos o conto de Adela Turín  Arturo y Clementina.

Contamos nos nosos fondos con unha antiga edición de 1974. Un tesouro bibliográfico da nosa biblioteca.
Esta é a nosa versión.
O alumnado de 1º escribiu unha segunda parte onde Clementina ten unha divertida aventura. Podedes vela no vídeo


Rosalía en Lourenzá

 Para celebrar o Día de Rosalía fomos recitando os seus poemas polo pobo e deixando os nosos carteis nos comercios locais.





13 feb 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

 Desde o ano 2017, para o equipo de Dinamización de Biblioteca celebrar este día, divulgando a vida e a obra da nosa escritora máis universal, é o noso obxectivo primordial.

Ao longo destes sete anos programamos e realizamos diferentes actividades e materiais que podedes ver neste blog.

Para este ano decidimos celebralo elaborando dez carteis que se vinculan  cada un deles a un vídeo-poema.

Estes carteis podedes velos por todo o pobo de Vilanova de Lourenzá.

O primeiro cartel foi elaborado por o alumnado que se queda polas tardes na biblioteca. Alumnado de diferentes idades. 

Este cartel ten un código qr  que nos leva a biografía  Eu son Libre. Escrita por Chelo e  ilustrada polos alumnos do colexio. 




Día de Rosalía de Castro. " Aquel romor de cántigas e risas"

 O alumnado de 4º de E.I. ilustran e recitan e ilustran por primeira vez na súa vida este fermoso  poema.




Día de Rosalía de Castro. " Maio Longo".

 O alumnado de 5º de E.I. ilustra e recita este fermoso poema.


 

Día de Rosalía de Castro. " Adiós ríos adiós fontes".

 O alumnado de 4º de E.P. ilustra e recita un dos poemas máis famosos da autora.




Día de Rosalía de Castro. "Cantor dos aires".

 O alumnado de 5º recita e ilustra o poema "Cantor dos aires".


 

Día de Rosalía de Castro. "Cando a luniña aparece"

O alumnado de 6º de E.P. recita e ilustra o poema. 

    Cando á luniña aparece
 Y ó sol nos mares s' esconde,
 Todo é silencio nos campos,
 Todo na ribeira dorme.
 Quedan as veigas sin xente,
 Sin ovelliñas os montes,
 A fonte sin rosas vivas,
 Os árboriños sin cantores.
 Medroso ó vento que pasa
 Os pinos xigantes move,
 Y â voz que levanta triste,
 Outra mais triste responde.
 Son ás campanas que tocan
 Que tocan en sons de morte,
 Y ô coraçon din n' olvides
 Ós que para sempre dormen.

Pertence ao seu libro de poemas Cantares Gallegos.
Podedes ver como ilustramos e recitamos o poema neste vídeo que fixo o alumnado de 6º E.P.



50 anos celebrando a Paz

 O alumnado de 6º seleccionou e investigou diferentes actos, celebracións e murais que se fixeron no colexio ao longo destes 50 anos.








Realizaron tamén unha exposición na que dunha forma moi sinxela vemos a historia do Premio Nobel da Paz nos últimos 50 anos.





Recopilación de murais feitos desde a biblioteca para celebrar o Día da Paz.















Actividades paz 2024

Pombiña que escribes
 co peteiro paz,
 debuxa no ceo
 as algas do mar.

 Escribe un poema
 cos versos de sal
 e cóntalle ó vento 
historias do val. 

 Pombiña que escribes
 co peteiro paz.
 Rebule algareira
 aquí no pombal.
           Con este poema de Antonio García Teijeiro celebramos o Día da Paz o alumnado de E.I.


O alumnado de 1º e 2º de primaria diseñaron a súa pomba da paz.

O alumnado de 3º,4º, e 5º realizaron unha infografía de Gandhi.


Actividades de Nadal

 Como sabedes este curso estamos celebrando o 50 aniversario do colexio.

Estamos investigando e preparando un traballo de investigación con axuda de toda a comunidade educativa, e que esperamos publicar a fin de curso.

Polo Nadal fomos os encargados da exposición de fotos das que podedes ver unha mostra nestas fotos.