Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

28 nov 2023

O Hematocrítico

 Desde esta biblioteca queremos lembrar a este gran escritor que nos deixou este luns. Toda a súa obra forma parte das vivencias lectoras do noso alumnado. 

Lembramos neste vídeo o seu paso polo noso colexio. 



26 oct 2023

Tempo de Samaín

 Desde a biblioteca convidámoste á lectura de revistas e libros que temos para ti. 


Hoxe o alumnado de 3º de E.P. estiveron buscando cabazas, pantasmas, esqueletos....

Atoparon esta obra de arte dun escultor de Estados Unidos chamado Adam Bierton. 

Que vos parece si deixades voar a vosa imaxinción e escribides unha historia con ela? Esperamos os vosos relatos de Samaín.


24 oct 2023

Dia da Biblioteca 2023


Nesta ocasión, desde a biblioteca queremos unirnos a esta celebración propoñendo tres actividades acerca das bibliotecas e a orixe desta efeméride.

1. Os nosos valentes lectores e lectoras deberán cumprir unha misión a través dun xogo de pistas e resolver "o misterio do libro desaparecido".

Prema na foto e busca os libros perdidos da Biblioteca.
2. Elaborar un cartel co lema "Tecendo Comunidades". Seguro que vos queda moi bonito!!


 
 Cartel deseñado por Breixo 4º
HIBA 3º

ASSIA 3º



3. Os máis lectores da Biblio seguro que sabedes contestar 

18 oct 2023

Premio Real Academia Galega

 Os nenos e nenas de 6º de E.P. a Dinamizadora de biblioteca Chelo  e a nosa titora Cova fomos recoller o premio que a Real Academia Galega otorga aos tres colexios de Galicia que mellor divulgaron a figura de Fancisco Fernández del Riego. 







13 oct 2023

Día das Escritoras 2023

 

 

Este ano queremos dedicar este día a escritora JK Rowling e a súa saga máis coñecida: Harry Potter.


Desde a biblioteca queremos animarte a que escribas e ilustres as túas propias historias que publicaremos aquí.

Os máis pequenos podedes ver esta versión en vídeo e os máis maiores tedes na biblio toda a saga en galego e tamén en castelán.



5 oct 2023

Semana Internacional do Espazo

 Estamos dedicando as actividades da primeira quincena do outubro a este tema facendo carteis, actividades e presentacións que iremos publicando

                                                          Cartel deseñado por Malak 2º E.P.

Fixemoss esta exposición que podedes atopar na biblioteca.

 E si queredes saber máis cousas desde este blog podedes viaxar directamente á NASA facendo cliq na foto.


                                         Cartel deseñado por Marwa 3º E.P.

Curso 2022-23


 

20 jun 2023

Escarlatines

 O equipo de Biblioteca do Ceip Juan Rey, agradece a toda a comunidade educativa a súa participación e colaboración en todas as actividades propostas.

Este curso empezamos a nosa aventura creando un club de lectura, ESCARLATINES. 

Formouse con lectores e lectoras de 3º, 5º e 6º de E.P.

O nome que eleximos é unha homenaxe a unha das súas escritoras favoritas: Ledicia Costas, que nos  visitou  fai xa catro anos. Acaban  de concederlle  a medalla Castelao. Parabéns!!!

O horario que puxemos foi os xoves despois de comer.

Lemos o libro  Dona Problemas do Hematocrítico.

No nos deu tempo  a ler outro. Xa que  nós tamén nos convertimos nas Dona Problemas do colexio, axudando a quen nos necesitaba alumnos e profesores especialmente nas actividades de Francisco F. del Riego. 

En setembro  retomamos o club si queredes anotarvos, nós imos repetir  Felices vacacións!!



LETRAS GALEGAS 2023

 Para nós foi tan importante que lle dedicaran o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego que o celebramos durante todo o curso. 



Nestes vídeos da RAG podes ver a nosa pequena colaboración.





4 jun 2023

IGÚALA-T . Luís Seoane e a muller galega


 O alumnado de 1º traballou a obra deste xenial pintor  que reflexou á muller galega chea de cores.

Luís Seoane era un gran amigo de Francisco Fernández del Riego ao que lle dedicamos este curso.

16 may 2023

IGUÁLA-T: Lecturas recomendadas para o fomento da igualdade.




Quelele este curso non parou de ler libros de Igualdade que atopou na nosa biblioteca.

Aquí tedes unha selección dos que máis vos gustaron.

Tamén tedes un vídeo que fixeron o alumnado de 5º coas súas recomendacións.






 


15 may 2023

IGUÁLA-T: A evolución da muller galega ao longo do século XX.

 Como xa sabedes o noso proxecto " desde s fiestra de don Paco" fai un percorrido pola vida e obra do escritor máis importante.

Realizamos debates e reflexións  sobre como a vida da muller en Galicia e no mundo e vai mellorando. Aquí tedes o que fixemos.



IGUÁLA-T: Quelele e a linguaxe non sexista "Linguadade"

Con axuda de Quelele e o  alumnado de primaria queremos facer un glosario con linguaxe non sexista. Polo de agora levamos estas que ves. Si queres podes engadir ti outras. Estaremos encantados de publicar os vosos traballos.

 
 

IGUÁLA-T: memorias dunha nena labrega.

Na súa editorial Francisco Fernández del Riego e os seus amigos  crearon unha revista  cultural chamada Grial.

No número 174, publicaron  un artigo de  Xavier Castro Pérez     titulado:

A fariña dos días: memorias dunha nena labrega.

 

É un artigo escrito para adultos , pero a nós inspirounos para facer esta revista.

Ides atopar entrevistas que  o alumnado do 3º ,4º,5º e 6º   realizaron a súas avoas.

Moitas grazas a todas por participar!!!

As fotos que aparecen na revista son fotos libres de nenas dos anos 60 atopadas na rede con fins educativos.




 

25 feb 2023

Día de Rosalía 2023




 Para celebrar este día tan importante decidimos traballar dous poemas de Rosalía de Castro:




Este fermoso  poema fala do caldo galego.  Decidimos ler e ilustrar o poema cos nosos debuxos e facer este mural que puxemos no comedor do colexio.

Con axuda de Juan e Ana, os noso cociñeiros, comimos o Caldo de Gloria e os bolos de pote. Pero antes os nenos de cuarto de primaria recitaron o poema. Podedes velo no vídeo que imos publicar na canle.


11 feb 2023

IGUÁLA-T: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA




Imos celebrar este día lembrando a Marie Curie, unha das mulleres científicas máis importantes da historia. Podedes vela neste vídeo que fixemos.


Na actualidade hai moitas mulleres científicas. Este ano 2023 queremos achegarnos a vida de Amparo Alonso .Lembramos este día visibilizando os logros e o traballo de mulleres galegas na ciencia. Aquí tedes a súa biografía con actividades.