Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

28 abr 2014

AS PROFES CONTACONTOS

As profes Sandra, Lucía, Dina, Elvira e Rocío contaron un conto cada unha para todos os nenos que quixeron vir velas. Son  grandes narradoras.Elena 6º
Elvira contounos Unha familia de cangrexos.

Rocío contounos  A ratiña presumida.

Lucía contounas A gata con botas.

Dina contounos A nena do saco.

Sandra contounos O coelliño branco.

VENDO CINE NA CASA DE FABOLA


Vimos este corto. Gustounos moito, gañou un "goya" ao mellor corto de animación.
Tratábase dunha nena que andaba en silla de rodas e outra nena fíxose amiga dela...
É unha historia de superación e comprensión.Non deixedes de vela e de picar en" me gusta".
 Elena 6º