Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

4 jun 2022

A caixa máxica

 Este curso Fabola está encantada cos seus novos veciñ@s. Son uns nen@s moi alegres e divertidos. Todos os días  o primeiro que fan e entrar na biblioteca e repartir un conto para cada un. 

Unha estupenda forma de empezar a xornada.


 Tanto lles gustan os libros que teñen unha caixa máxica.


Traballamos os libros de Elmer.
Elmer é un fermoso conto que axuda a aceptar as diferencias, o valor da amizade e a inclusión.










Buscando a Blanquiño.

 Como podedes ver neste blog o curso pasado os nen@s de 4º de infantil fixeron un amigo chamado Blanquiño. 

Pero este ano Blanquiño non volveu pola aula, estivemos días e días buscando nel.

Aínda que non apareceu observamos a flora e a fauna que temos no noso patio.

Foi moi divertido e aprendimos moito das formigas, xoaniñas, arañas...Elaboramos esta segunda parte do conto con imaxes grabadas ao longo do curso. Esperamos que vos guste moito.

Por certo, que pasará con Blanquiño o curso que ven?












Por si non lembrades a historia de Blanquiño podedes vela neste vídeo de cando tiñamos tres anos.


O Principiño no cole Juan Rey

 Como imos facendo cada ano, os alumn@s de E.I. son moi importantes para a biblioteca.

Un libro que  lles encantou foi O Principiño.

Tanto lles gustou que fixeron unha segunda parte chamada O principiño viaxa pola galaxia Azul.

Aqui tedes fotos de como imos creando e compoñendo o noso traballo e un adianto en forma de booktrailer. Contamos   rematar o vídeo  esta semana. Estade moi atentos!!!