Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

2 may 2017

Semana do libro. Festa de Fabola.

Vai pasando o tempo e Fabola xa ten cinco anos. Como ides a ver fixemos moitas actividades para celebralo.
Pero  o mellor de todo  é que  os nenos do colexio pasades todas as semanas por aquí para coller un libro ou para facer un traballo. Iso é o que fai medrar a Fabola. Seguide así!!!!



Semana do Libro .Los tres cerditos.

Os alumnos de 6º prepararon esta orixinal proposta de teatro en verso. Escoitade e mirade que forma máis divertida de contar un conto.

Semana do Libro. A que sabe a Lúa 5º

Os alumnos de 5º contaron en directo esta fermosa historia.

Semana do libro. actuación de Manoel de Felisa

Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o Día do Libro.
Nós pensamos  que esta é unha data moi importante e por iso tivemos toda esta semana actividades para lembrar esta data.
Patrocinado polo concello asistimos a un recital do cantautor Manoel de Felisa que nos gustou moito, pois as súas cancións e poemas eran moi axeitados para os nenos.



Semana do Libro. Autorretratos literarios

Pensamos en facer unha homenaxe aos nosos libros favoritos. Por iso cada un de nós debuxou o seu 
 "autoretrato". que leva  incluido unha camiseta moi especial. Sabedes que significan?




Pola mañá e antes de tocar o timbre, Fabola tiñanos preparada unha caixa de aventuras para empezar ben o día.



Semana do Libro. A verdadeira historia de Dudoso

Esta semana tamén se cumple o 5 aniversario de Fabola, que como sabedes naceu o día do Libro.
Aquí tedes unha mostra do que fixemos.
Os alumnos de 4º amosaron o seu orixinal libro A verdadeira historia de Dudoso que como podedes ver está editado e rexistrado como todos os libros da biblioteca.










Neste vídeo podedes velo, seguro que vos gusta moito!!!