Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

13 feb 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

 Desde o ano 2017, para o equipo de Dinamización de Biblioteca celebrar este día, divulgando a vida e a obra da nosa escritora máis universal, é o noso obxectivo primordial.

Ao longo destes sete anos programamos e realizamos diferentes actividades e materiais que podedes ver neste blog.

Para este ano decidimos celebralo elaborando dez carteis que se vinculan  cada un deles a un vídeo-poema.

Estes carteis podedes velos por todo o pobo de Vilanova de Lourenzá.

O primeiro cartel foi elaborado por o alumnado que se queda polas tardes na biblioteca. Alumnado de diferentes idades. 

Este cartel ten un código qr  que nos leva a biografía  Eu son Libre. Escrita por Chelo e  ilustrada polos alumnos do colexio. 




Día de Rosalía de Castro. " Aquel romor de cántigas e risas"

 O alumnado de 4º de E.I. ilustran e recitan e ilustran por primeira vez na súa vida este fermoso  poema.




Día de Rosalía de Castro. " Maio Longo".

 O alumnado de 5º de E.I. ilustra e recita este fermoso poema.


 

Día de Rosalía de Castro. "Churras churras "

 O alumnado de 6º de E.I. ilustra e recita este poema.




Día de Rosalía de Castro. " Pra á Habana"

 O alumnado de 1º de E.P. ilustra e recita este poema.




Día de Rosalía de Castro. " Cada estreliña o seu diamante"

 O alumnado de 2º ilustra e recita este fermoso poema.





Día de Rosalía de Castro. " Meniña gaiteira".

 O alumnado de 3º de E.P. ilustra e recita o poema.




Día de Rosalía de Castro. " Adiós ríos adiós fontes".

 O alumnado de 4º de E.P. ilustra e recita un dos poemas máis famosos da autora.




Día de Rosalía de Castro. "Cantor dos aires".

 O alumnado de 5º recita e ilustra o poema "Cantor dos aires".


 

Día de Rosalía de Castro. "Cando a luniña aparece"

O alumnado de 6º de E.P. recita e ilustra o poema. 

    Cando á luniña aparece
 Y ó sol nos mares s' esconde,
 Todo é silencio nos campos,
 Todo na ribeira dorme.
 Quedan as veigas sin xente,
 Sin ovelliñas os montes,
 A fonte sin rosas vivas,
 Os árboriños sin cantores.
 Medroso ó vento que pasa
 Os pinos xigantes move,
 Y â voz que levanta triste,
 Outra mais triste responde.
 Son ás campanas que tocan
 Que tocan en sons de morte,
 Y ô coraçon din n' olvides
 Ós que para sempre dormen.

Pertence ao seu libro de poemas Cantares Gallegos.
Podedes ver como ilustramos e recitamos o poema neste vídeo que fixo o alumnado de 6º E.P.



50 anos celebrando a Paz

 O alumnado de 6º seleccionou e investigou diferentes actos, celebracións e murais que se fixeron no colexio ao longo destes 50 anos.








Realizaron tamén unha exposición na que dunha forma moi sinxela vemos a historia do Premio Nobel da Paz nos últimos 50 anos.





Recopilación de murais feitos desde a biblioteca para celebrar o Día da Paz.















Actividades paz 2024

Pombiña que escribes
 co peteiro paz,
 debuxa no ceo
 as algas do mar.

 Escribe un poema
 cos versos de sal
 e cóntalle ó vento 
historias do val. 

 Pombiña que escribes
 co peteiro paz.
 Rebule algareira
 aquí no pombal.
           Con este poema de Antonio García Teijeiro celebramos o Día da Paz o alumnado de E.I.


O alumnado de 1º e 2º de primaria diseñaron a súa pomba da paz.

O alumnado de 3º,4º, e 5º realizaron unha infografía de Gandhi.


Actividades de Nadal

 Como sabedes este curso estamos celebrando o 50 aniversario do colexio.

Estamos investigando e preparando un traballo de investigación con axuda de toda a comunidade educativa, e que esperamos publicar a fin de curso.

Polo Nadal fomos os encargados da exposición de fotos das que podedes ver unha mostra nestas fotos.









O papaventos de Kala

 Con este conto escrito por Chelo e ilustrado por o alumnado de 5º de E.P. queremos lembrar a desigualdade que reciben as mulleres en moitos países e culturas. 

Chegando moitas veces á violencia de xénero.

Aquí tedes o conto e un vídeo resumo das actividades que fixemos.