Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

24 abr 2016

Día do Libro. Tertulia literaria. Sabela Núñez Singala

O venres 22 veunos visitar Sabela Núñez Singala.
Gustounos moito coñecer á escritora dun libro que nós xa leramos: O agasallo de Ania. 



 Para irnos coñecendo Sabela  contounos un conto O soño de Xiana, que nos fixo reflexionar e coñecer a vida en Ucraína, que nos encantou. Esperemos que axiña se converta tamén nun libro.

 E despois falamos e comentamos o libro que leramos os alumnos de 5º e 6º: O Agasallo de Anya
Esta historia encantounos e sorprendeunos que a escritora tivera obxectos que formaban parte da historia e que nós recoñecimos .



Moitas grazas Sabela !!!



Fabola encantada de coñecer unha escritora !!!

1 comentario:

  1. Moitas grazas a todas esas nenas e nenos fantásticos do cole de Lourenzá que me axudastes a pasar unha tarde marabillosa!!! Un biquiño!

    ResponderEliminar