Con motivo da semana da
prensa ,dende a biblioteca, e coa colaboración dos titores suxerimos a seguinte
actividad para conmemorar a Semana da Prensa Escrita.
Facendo un guiño a este
medio diseñamos “ A Voz de Fabola”.
Na entrada do colexio, colocamos o noso xornal xigante, no que cada grupo de alumnos e tódalas mañás, despois de ler os dous
xornais principais da provincia “ La Voz de Galicia e “ El Progreso de Lugo “, seleccionaba
a nova que lles parecía máis interesante .
Cada grupo de alumnos
tiña asignados unha sección do noso
xornal.
Os máis pequenos de tres
e catro anos informaban da data e do tempo.
Os de cinco anos as novas
de Lourenzá.
Os de 1º analizaban
as novas da Mariña Lucense.
Os de 2º optaron
polos deportes.
Os de 3º escolleron
as Novas de Galicia.
Os de 4º levaban a
sección de Novas de España.
Os de 5º preferiron
darnos conta das novas culturais.
Finalmente os alumnos de
6º decidiros analizar as novas internacionais.
A experiencia foi moi
positiva e por suxerencia dos propios alumnos imos seguir publicando o noso xornal
xigante.
Gracias a todos por
participar e lembrade que para estar ben informado o mellor é ler a prensa xa
sexa en formato escrito ou dixital.
Tamén debemos contrastar as diferntes fontes, e ampliar a nosa información con outras publicacións
e por iso a nosa exposición e recoñecemento a labor destes medios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario