Os nenos e nenas de Infantil están facendo un proxecto chamado Debaixo do mar, e atoparon na biblioteca un fermoso libro dun cabaliño de mar.
Adiviñade a onde tivemos que ir para velo? Mirade este vídeo para sabelo.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
29 feb 2016
3 feb 2016
O monstro de cores visita a nosa Biblioteca.
Os alumnos de infantil estiveron facendo un proxecto no que traballaron as emocións.
Fixeron moitas cousas entre elas o monstro de cores que nos seviu para confeccionar tamén o noso libro das emocións.
Todo o colexio participou con debuxos, poesías e cancións que foron facendo ao longo do mes de xaneiro.
Cando o rematamos os alumnos de 6º elaboraron esta montaxe de teatro e vídeo que podedes visionar aquí, si o vedes ata o final saberedes que festexavamos.

26 nov 2015
CHARLA : O MEL DE GALICIA
O martes pasado veu Beatriz e falounos do mel e das abellas.
Aprendimos que para fabricar o mel necesitanse tres cousas:
-A abella melífera(Apis Mellifera)
-Flores para recolectar o néctar.
-A colmea para fabricar o mel.
Tamén agora sabemos que nunha colmea hai tres tipos de abellas:
- abella raiña ,que manda na colmea.
- abellas obreiras , as que traballan, hai miles
.-zánganos, os que fecundan a raiña.
.-zánganos, os que fecundan a raiña.
En Galicia hai 4 tipos de mel :
-Eucalipto.
-Castiñeiro.
-Queiroa.
-E silva.
O apicultor é o encargado de recoller o mel da colmea .
Cando o panal está cuberto de cera indica que o mel está listo para recoller.
Entón o apicultor prepara o seu equipo formado por:
traxe axeitado,botas,luvas,espátula,pinzas,afumador...e comeza os catro pasos da recollida do mel
1 -Desopercular(quitar a cera)
2-Extración(métense os panais nunha máquina que ao xirar valeira o mel)
3-Ponse a madurar e deixase repousar.
4-Envásase

23 nov 2015
150 anos con Alicia.
Lembrade que na biblioteca temos este libro en galego, en castelán e en inglés . É un tempo xenial para ler e imaxinar, non deixedes de visitarnos.
O público entregado!!! |
Alicia e o coello están a vosa disposición, gazas polos debuxos!!! |
30 oct 2015
Día da Biblioteca.
A mellor forma de celebrar este día é vir á biblioteca . No noso cole está aberta nos recreos e sodes moitos os que a visitades, grazas a todos!!!
Esta última semana de outubro lembramos o importante que é ler e ter libros.
Por iso comentamos e limos o libro O neno comelibros de Oliver Jeffers.
Este curso queremos que cada día un neno dos maiores conte un conto aos pequenos, ata agora non fallamos ningún día. Xa vos iremos contando!
Este curso queremos que cada día un neno dos maiores conte un conto aos pequenos, ata agora non fallamos ningún día. Xa vos iremos contando!
"Sempre hai un neno para ler e motos para escoitar." |
"Ler é moi divertido"
7 oct 2015
25 sept 2015
Protexendo o Camiño.
Patrocinado polo concello viñeron a nosa biblioteca Carlos e Quique que nos falaron da importancia de coidar o Camiño.
Coñecimos a Peregrina e Iago, que van percorrendo as vilas polas que pasa os peregrinos ata chegar a Santiago.
Gustounos moito, e aprendimos o sinxelo e divertido que é ilustrar un conto.
Coñecimos a Peregrina e Iago, que van percorrendo as vilas polas que pasa os peregrinos ata chegar a Santiago.
Gustounos moito, e aprendimos o sinxelo e divertido que é ilustrar un conto.
![]() |
Este foi o fermoso traballo qu Carlos e Quique nos deixaron, Moitas grazas!! |
Nós tamén sabemos ilustrar!! |
Protexede o Camiño, é de todos!. |
22 sept 2015
Gravamos un disco: Fabola a raíña de Lourenzá.
Ao cantante Esteban González gustoulle moito Fabola, e compúxolle unha canción .Gravamos a canción na biblioteca e foi unha experiencia moi interesante na que participamos toda a comunidade educativa e aprendimos todo o proceso como si fosemos profesionais.
Os preparativos e o resultado podedes velo nestes vídeos, pero non deixedes de vir cantar e bailar con Fabola na Festa da Faba que se celebra no noso concello os día 2,3 e 4 de outubro.
Javier, Antonio, Mercedes e Machicha puxeron os instrumentos. |
Esteban González dando indicacións |
Participamos alumnos de todos os cursos |
Nerea ,antiga alumna colaborando coa súa voz. |
Os preparativos e o resultado podedes velo nestes vídeos, pero non deixedes de vir cantar e bailar con Fabola na Festa da Faba que se celebra no noso concello os día 2,3 e 4 de outubro.
15 nov 2014
Telefabola. Magosto 2014
O xoves 6 de novenbro , celebramos o magosto no cole. Nesta nova edición de Telefabola, os alumnos e alumnas de 6º elaboramos un vídeo no que vos contamos o que facemos este día.
Ao final cantamos en directo unha canción popular destas datas que nos ensinou Sina, a nosa profe de música. Grazas a todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)