Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

25 mar 2019

Semana da Prensa 2019



 Un ano máis celebramos a Semana da Prensa.
A nosa Bibliomóvil está estes días de xornais e revistas de diferntes contidos.
Como nos gustou moito imos seguir máis días.


Tamén editamos un número especial de Voz de Fabola. 


Aquí tedes a nosa edición especialA Voz de Fabola. Edición Especial

8 mar 2019

Versos Vellos en Follas Novas

Neste audiolibro podedes escoitar e ver o noso día de Rosalía.
Na entrada que tedes debaixo podedes ver fotos do que fixemos.
Pero xa sabedes que podedes vir ver esta exposición ao cole, todos estades convidados.

Versos Vellos en Follas Novas.

Un ano máis  lembramos á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.
 Despois dun estudo e revisión da súa obra, cada curso seleccionou e ilustrou versos das súas obras máis coñecidas .


  Nesta  arbóre   cada un de nós escribiu os versos que
máis nos gustaron da autora.



Infantil 3 
Infantil 4 
Infantil 5


18 feb 2019

A vaca Lola

Os alumn@s de Infantil despois de investigar e traballar moito sacaron pastar a súa vaca.


11 feb 2019

Traballando a Paz

Un ano máis os alumnos e alumnas do colexio celebramos o Día da Paz.
Os alumnos de 6º investigaron,  editaron e publicamos esta biografía de Gandhi:


 Os de 5º investigaron os grandes problemas do mundo e realizando esta edición especial do Telexornal, Esperamos que vos guste.
A totalidade do alumnado realizaron este muro da Paz. Aínda que pareza contradictorio fixemos un  muro que non deixe pasar a violencia, as guerras, as inxustizas...

18 ene 2019

Bo Nadal


Con estes vídeos queremos felicita a toda a comunidade educativa e lembrarvos que ler un bo libro é unha forma xenial de pasar estes días. Bo Nadal a todos!!!!


3 dic 2018

Día dos Dereitos dos Nenos.

Lembramos este día tan importante para nós, confeccionando un mural polos alumnos de 5º e 6º. e lembrando os teléfonos  aos que debemos chamar si temos algún problema.



29 oct 2018

Estamos de Samaín...

Para celebrar estes días " terroríficos" podedes ver a nosa selección de libros de terror e misterio moi axeitados para nenos.
Coidado con esta exposición!!!! mirade o que lles pasou aos de 6º




25 jun 2018

Letras galegas 2018

 Traballamos a súa vida e a súa obra con diferentes actividades como podedes ver aquí.
Gracias a colaboración da Biblioteca municipal conseguimos máis exemplares do habitual.

O libro que máis nos gustou foi o de Mar Adiante.
A 1ª edición deste libro estaba ilustrada en blanco e negro, e nós demoslle color.

O barco é obra dos nenos de 5 anos, non deixedes de ler a historia.