Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

29 feb 2020

Actividades Rosalía 2020.

Aínda non rematamos todas as actividades adicadas a nosa escritora máis universal.
Este é o lema que temos para Rosalía que puxemos na porta da biblio.
Atopamos esta imaxe moderna da escritora e engadimos portadas deseñadas por nós aos seus libros máis clásicos.
Tamén ilustramos e escribimos esta biografía con debuxos feitos por nós e con recortables esperamos que vos guste moito-
Asiña vos amosaremos unha escolma poética que estamos elaborando. Estade atentos a nosa canle!!!!




Edicións Fabola.: Eu son Libre.




Estes son os poemas que adaptamos a "Rap" estade atentos!!!








ESPERAMOS A PAZ: CAMPOS DE REFUXIADOS.


Actividades realizamos todos os días, como beber, comer, lavarnos ou cociñar, poden ser un reto para millóns de persoas en todo o mundo que se ven obrigadas a fuxir dos seus países debido a conflitos armados ou persecucións que poñen en risco a súa vida.  Unha das solucións para axudar a estas persoas consiste na creación de un campamento de refuxiados.
Os campos de refuxiados están concibidos como unha solución temporal pero  cando non chega a paz  pasan os anos e non volven ao seu país. A  media son 17 anos.
Este foi o noso tema de investigación para celebrar o día da paz os ao que adicamos as sesións semanais de biblioteca dos alumnos de infantil e primaria no mes de xaneiro.
 Os de primaria realizamos murais, presentacións e carteis.
Os de infantil traballaron contidos relacionados coa axuda humanitaria elaborando ao final  un camión de Acnur.



O día da Paz quixemos simular unha escola dun campo de refuxiados no cole. Só durante unha hora estivemos no patio todos os cursos xuntos, sentados nun banco e vimos o difícil que debe resultar estudar alí.

Para comer a merenda tivemos que esperar que viñera a axuda humanitaria e facer longas colas, os nenos de infantil foron os encargados ...
   

26 feb 2020

Verbas para a Paz.

Cada un dos alumnos de primaria buscou e ilustrou unha palabra necesaria para construir un mundo de Paz e non violencia.
Fixemos un diccionario que esperamos aumentar cada ano.
 Este é o noso desexo : QUEREMOS PAZ NO MUNDO , que todos podan vivir coma nós.

21 feb 2020

O avó de Pipa


Neste vídeo a clase de terceiro mergúllase en Montañas Brancas, o pobo do avó de Pipa. Queremos que vos animedes a lelo!!!

23 ene 2020

Felicitación de Nadal

Os alumnos de 6º elaboraron e realizaron este fermoso vídeo no que colaboramos todos.

29 nov 2019

25 de Novembro. Día internacional contra a violencia de xénero

Estas son as actividades que fixemos para traballar este tema dende a biblioteca e coa colaboración de toda a comunidade educativa.
 CHORACHE CAROLINA
O argumento central podería ser o seguinte: "Ela nunca facía o que quería porque se plegaba sempre a aceptar o que desexaba él. De tanto dicir "vale" perdeu o valor e él pensou que non era nada". Contraponse permanentemente ese VALE ao necesario NON.
Tomouse como referente unha peza tradicional galega e pediuse aos nenos cambiar a letra valorando que a muller galega tamén estivo sempre nunha situación de desigualdade.
A continuación analízanse catro situacións cotiás nas que unha mamá, a de calquera neno ou nena e polo tanto unha persoa moi querida, nunca pode facer  o que ela decide porque asinte a todo e non se fai valer:
Mamá mercou un vestido novo e vaise poñer guapa para sair pero o traxe queda colgado sen usar porque ao papá non lle gusta e a mamá dice "vale" porque non sabe dicir "NON"
A mesma situación se repite noutra situación habitual, ir tomar un café coas amigas, á que novamente renuncia sen protestar...sen mediar violencia e cun tranquilo "vale".
Un terceiro episodio, normal e sen violencia, ocorre cando despois de traballar ambos, un descansa e outro non.
Todos estes casos nos que a mamá cede teñen repercusión no seguinte onde xa o pai berra cando ela fai algo mal. Os nenos e nenas foron percibindo como o feito de non dicir NON leva a perder esa posición de igualdade necesaria e como consecuencia leva ao seguinte episodio dramático onde xa non hai remedio.
A última escena onde a nena pensa na súa propia vida e como dicir NON a pequenas cousasw evita males no futuro, reflexa o valor da educación das nenas e os nenos para acabar coa desigualdade e a violencia de xénero.
E TI, SABES DICIR NON?


A idea central da imaxe é a prevención da violencia a través do empoderamento das persoas que reciben o trato desigual (as mulleres) e a toma de conciencia de todos sobre eses xestos que, nun principio non son censurados como violentos,  pero que acaban levándonos á situación intolerable de mortes por violencia machista.
            En cada unha das situacións que se representa os nenos foron analizando a palabra NON como unha capacidade que debe de ter a persoa, neste caso as mulleres e as propias nenas para rebelarse e parar todas aquelas actitudes que pretendan privarlles dun dereito: ser coma os seus compañeiros en todos os aspectos e facerse valer á par que os demáis membros de xénero masculino. Repartir o traballo doméstico foi elexido como un exemplo dos máis elementais pero calquera renuncia imposta  nos gustos e maneira de ser foi igualmente analizada.
A pregunta recurrente "E ti sabes dicir NON?" pretende facer unha toma de conciencia sobre un mesmo. As nenas para analizar se algunha situación que ven e lles sucede a elas, súas nais, súas avoas ten esa resposta necesaria de NON. Os nenos para rexeitar, igualmente eses privilexios que non son lexítimos pois agreden a outros. Esa toma de conciencia será o que mude actitudes nos nenos e nenas e nos leve a unha educación na igualdade.

Pararse a pensar coma a nena sentada na silla e tomar a decisión de dicir NON a cada pequeno abuso e, por suposto a situacións de violencia directa a traves do teléfono 016 permitiranos impedir situacións dramáticas como a da imaxe central onde unha muller, que pode ser unha nai , a de calquera,  foi asasinada. Cando na imaxe do lado parecía tan normal e había un abuso ao que non dixemos NON.




.

30 sept 2019

Abrimos as portas en horario completo e celebramos o Día das Bibliotecas


Ilustradora :Daniela 6º
Abrimos un curso máis as portas deste lugar cheo de historias, aventuras, recunchos de investigación e creación.

Esperamos que: -Te animes a ler moito e que o fagas nun ambiente tranquilo e agradable.
-Que podas atopar a información que necesites.
-Que podas realizar calquer traballo con tranquilidade.
-Que podas crear. Lembra que todo o que podas imaxinar, faise real si o escribe.
A Biblioteca está aberta de luns a venres tanto no recreo de mañá como despois do comedor. Non deixes de visitarnos!!!
Celebración do Día das Bibliotecas

  “O conto máis longo do mundo”

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º investigaron e contaron a todo o alumnas  a historia e a evolución dos contos infantís.

Elaborando e lendo entre todos un conto xigante que foi doado a biblioteca municipal.




24 jun 2019

Lourenzá, 1000 anos de Historia

Para saber máis da vida dos mosteiros 


INVESTIGA COMO SERÍA O NOSO MOSTEIRO AQUÍ TEDES INFORMACIÓN DAS PARTES QUE TIÑAN,




Este proxecto naceu cunha idea principal, que o alumnado fora quen de entender a historia da súa vila, analizando a evolución e as distintas etapas históricas de Lourenzá, poñendo en valor o seu patrimonio e a necesidade de coidalo. É dicir, o obxectivo principal era concienciar aos nenos e nenas do papel que eles xogan na conservación dos seus bens patrimoniais.
Para a consecución deste obxectivo leváronse a cabo diferentes actividades e tamén se realizaron varias saídas escolares. Entre as actividades feitas podemos destacar:
.-       A visita ao Pazo de Tovar. 
Nesta visita coñecimos  a Belén López, arquitecta e restauradora que nos amosou como se plantexa un proxecto de restauración dun ben  patrimonial e que ferramentas son as máis axeitadas. 



Maqueta do Pazo de Tovar


-   Percorrido do Camiño que pasa polo noso concello . 
Mapa do Camiño ao seu paso por Lourenzá realizado por nós


 Neste mochila que nós mesmos diseñamos leva toda a información que necesita un peregrino ao seu paso por Lourenzá ,

 -       Concerto na igrexa. 
O mestre de música organizou un concerto, na propia igrexa, usando os órganos barrocos (só un deles), coa axuda do párroco e a colaboración do organista Bene Sáez.

-       Visita ao mosteiro de Lourenzá.
Visitamos a igrexa, o museo, as capillas e a biblioteca. A bibliotecaria do Concello foi a encargada de amosarnos a igrexa e o mosteiro e fíxonos de guía, explicándonos todo o que hai de valor alí dentro. As familias colaboraron na fotografía e aportando documentación histórica.

-       A investigación sobre o patrimonio da igrexa, como os órganos barrocos e a interpretación dalgunha peza musical de creación propia; a elaboración de sinais que se propuxeron ao concello para que os nenos e nenas non xogaran a pelota diante do mosteiro…

-       Realización dun cómic no que se explica parte da historia de Lourenzá e que foi publicado en galego, castelán, inglés e francés.
-   Creación dun libro guía de Lourenzá para os peregrinos-
-       Saída reivindicativa para loitar pola conservación do noso patrimonio. Toda a comunidade educativa participou cunha pancarta co seguinte lema:

O mosteiro é noso, non o deixes caer”.
Estes son os 5 vídeos que resumen a historia de Lourenzá:












Bibliografía utilizada que podedes consultar nesta biblioteca:
Copia autentica de la vida del Conde Santo Arquivo catedralicio de Mondoñedo 1772
La Vida del Conde Santo Cesar Chavarría Pacio 1985
Osorio Gutiérrez, o "conde-santo" de Vilanova de Lourenzá Carlos Andrés González Paz 2009

3 jun 2019

A carballeira do Juan Rey



Coa colaboración de Voz Natura   quixemos facer unha carballeira nun  recuncho do noso patio. Aquí vos queda o vídeo  no que o guión e montaxe foi realizado polos alumnos de 5º e 6º.
Tamén vos deixamos a definición  e caracteristicas de esta árbore tan importante para a conservación do entorno galego que atopamos na Galipedia .




Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos.

 Os Querci(carballos)  medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia. De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.
 As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro  ou o eucalipto; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.