Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

24 abr 2022


 Queremos felicitarvos este día e lembrarvos que este mes iremos vendo a historia dos contos infantís que tanto nos gustan.

Tamén vos convidamos a ler os contos que escribiron e ilustraron algúns alumnos de 6º e que xa forman parte da nosa biblioteca.

 Esperamos que escriban moitos máis e sempre se lembren de nós.

A DRAGOA TINA



Neste conto Sara amosa a vida da dragoa Tina, está escrito e ilustrado pola propia autora e pensado para os máis pequenos. Esperamos que vos guste moito.




Jane Goodall para nenos

Os alumn@s de 3º investigaron, escribiron e ilustraron a biografía de Jane Goodall, podedes vir vela á biblioteca do cole.





Neste vídeo só vai unha pequena reseña.

18 abr 2022

O Hematocrítico na biblio.

 Estamos moi contentos pois un curso máis conseguimos que un dos autores máis importantes da literatura infantil na actualidade, O HEMATOCRÍTICO, visitase a nosa biblioteca .

Falou cós nenos e nenas de 1º e 2º que escoitaron atentamente a súa charla, moitas grazas por vir .

Podedes ver a charla neste vídeo
 




DÍA DA POESÍA

Lembra que non hai nada máis relaxante que ler poesía en primavera, aquí tes unha selección que fixemos.


Mes da Terra

 Na primavera é tempo de mirar e investigar a flora e a fauna. Os alumnos de Infantil e Primaria, están a observar o noso patio e estudar os seres vivos que se atopan preto de nós

                                                  Temos un niño de rulas,

     E este sabedes que é?
 
     Temos moitos libros para investigar, anímate!!!!               




Semana da prensa.

Este mes puxemos en marcha unha nova sección na biblioteca. Creamos un quiosco con xornais e revistas. Cada semana un alumno ou alumna de primaria é o encargado de prestar, coidar e recoller este material. Tamén temos revistas para a toda familia por si vos apetece pasar por aquí.


Os alumnos e alumnas de 1º elaboran un xornal que asiña vos mostraremos...



8 DE MARZO Día da Muller

Dende a biblioteca traballamos este día propoñendo biografías de mulleres de todo o mundo e de todas as culturas. 











2 mar 2022

Rosalía no Pensamento

Un ano máis celebramos na biblioteca o Día de Rosalía de Castro, a nosa escritora máis importante.

Lembramos  a súa vida e obras máis importantes con unha exposición.

Para traballar a súa poesía cada alumno e alumna do centro pintou un pensamento.

Eleximos estas flores por ser as preferidas da escritora.

Utilizamos acuarelas, xa que eran as pinturas máis utilizadas na época de Rosalía.

Completamos os nosos traballos con versos de Rosalía.

Como veredes nos vídeos utilizamos os versos orixinais tal e como Rosalía os compuxo .Esperamos que vos gusten.









 








26 feb 2022

Queremos un mundo de Paz.

 No mes de xaneiro o equipo de biblioteca propuxo ao alumnado reflexionar nas diferencias da nosa vida en Lourenzá e outros lugares do mundo. 

Atopamos este material de Intermon que leva no cole vinte anos. Problemas e situacións que por desgraza seguen vixentes no mundo de hoxe.