Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novas. Mostrar todas las entradas
15 nov 2014
Telefabola. Magosto 2014
O xoves 6 de novenbro , celebramos o magosto no cole. Nesta nova edición de Telefabola, os alumnos e alumnas de 6º elaboramos un vídeo no que vos contamos o que facemos este día.
Ao final cantamos en directo unha canción popular destas datas que nos ensinou Sina, a nosa profe de música. Grazas a todos.
7 may 2014
Telefabola: Niños en forma de copa.
Podedes ver neste orixinal noticieiro como Elena, Antía e Aroa nos contan como son os niños en forma de copa.
Mundo cooperante.
Mundo cooperante como en anos anteriores acudiu a nosa biblioteca facer dúas actividades relacionadas coa igualdade e a violencia de xénero.
Aos de infantil contoulles As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
Aos de infantil contoulles As aventuras do galo Fabián e despois fixeron un debuxo que podedes ver no noso corcho do artista.
| Contando aos maiores. |
| Exposición |
| Contando o conto |
28 abr 2014
VENDO CINE NA CASA DE FABOLA
.jpg)
Vimos este corto. Gustounos moito, gañou un "goya" ao mellor corto de animación.
Tratábase dunha nena que andaba en silla de rodas e outra nena fíxose amiga dela...
É unha historia de superación e comprensión.Non deixedes de vela e de picar en" me gusta".
Elena 6º
21 nov 2013
O patio do colexio é particular...
Atopamos no cole estes cogomelos. Os alumnos de 5º queren que lles axudemos a atopar de que especie se trata. Fixádevos nas fotos e no vídeo e a investigar.
14 jun 2012
UN CONTACONTOS NA BILIOTECA
Onte tivemos visita na biblioteca.
Veu un contacontos para os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de primaria.Estivo con nós nunha sesión na que puidemos participar e interactuar co contacontos no relato das historias.
As mestras estiveron con nós e pasámolo xenial. Fabola, coma sempre, acompañounos nesta nova activiade.
31 may 2012
A NOSA HOMENAXE A VALENTÍN PAZ ANDRADE
Na aula de tres anos personalizaron
coas súas fotos as ovellas de Bernardino.
Os alumnos e alumnas de 5 anos recordáronnos nun calendario a data na do día das Letras Galegas cunha ilustración do poema "O Canteiro".
A aula de 1º de primaria recreou algunha portada
da obra de Valentín.
A aula de 1º de primaria recreou algunha portada
da obra de Valentín.
recordáronnos a quen se lle adicaron as Letras Galegas dende o seu comezo ata o día de hoxe.
Os alumn@s de 5º recrearon a " Cantarela do Camiñante"
E os de 6º fixeron un mural alusivo ao pastor Bernardino.
30 may 2012
24 may 2012
AS MESTRAS VOLTAN AO COLE
Como remate da actividade do Día do Libro na que se recolleron coplas, lendas , refráns, adiviñas e retahílas, tivemos unha visita...
Maruxa e Amanda, antigas mestras do noso cole, viñeron a contarnos dous contos: un de risa e un de medo.
Foi unha actividade que nos gustou a todos, a grandes e a pequenos. Agradecémoslles a súa colaboración e esperámolas para outra ocasión.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)