Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto. Mostrar todas las entradas

30 jun 2016

Viaxamos ao Espazo con Fabola.

 Para rematar o  curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos unha exposición que abarcou dende o Big Bang ata a Estación Espacial Internacional.
 Recopilamos todo o que tiñamos e elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos adaptados aos nosos alumnos/as.  Despois de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén  un cosmógrafo, un atlas do espazo e un telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre emprestado e con lista de espera. 
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo  podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.


Esta é a nosa " Mochila do Espazo" 


Aquí tedes os murais feitos por todos:
Así empezou todo...

Fabola Astronauta

A Galaxia
Sistema Solar

                                                                                   
Exposición de fondos 


                                         

           
Tamén vimos unha peli muda que nos encantou!!!
Fixemos tamén debuxos e contos.










5 jun 2016

Proxecto de Investigación: "Si morren as abellas morremos nós"

Os alumnos de 4º e 6º traballaron este curso o mundo dás abellas e do mel tan importante para a nosa vida.Estudamos tamén  a ameaza que supón as vespas velutinas que afectan cada vez máis a toda Galicia, como podedes ver nestes vídeos.




Unha vez rematado o proxecto, decidimos montar a Exposición de Voz Natura coas nosas investigacións. Viñemos moi contentos xa que quedamos finalistas, aquí van unhas fotos. Gracias a todos por participar. Podedes ver esta exposición no colexio ata fin de curso.









2 may 2016

Promo-libro: O Palacio de papel

Os alumnos de 3º leron e recoméndanvos : o Palacio de Papel.





24 abr 2016

Día do libro .400 anos da morte de Cervates.

Para lembrar ao xenial escritor e a súa obra máis importante: Don Quixote.  Programamos diferentes actividades durante todo o mes de abril.
Aquí tedes un adianto do que fixemos para o Día do Libro.
Os alumnos de 6º que están realizando un proxecto sobre Cervantes decidiron confeccionar uns marcapáxinas deseñados por eles.
O venres 22 de abril, despois de moito traballo agasallaron a toda a comunidade esducativa con un. 



Os alumnos de 3º elaboraron e crearon este fermosa obra de monicreques.