Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

22 mar 2026

O gato de Clara . 5º de E.I.

En 5º de Infantil, decidimos ser artistas coma Clara Peeters. Mans á obra! Comezamos a pintar un cadro precioso cheo de peixes frescos e camaróns saltaríns. Todo ía de marabilla e os nosos debuxos quedaban limpos e ordenados, tal e como lle gustaban a Clara.

Pero... Ai, que desfeita! 🙀

Ninguén se decatou de que polo colexio andaba un gatiño larpeiro con moita fame. Mentres nós pintabamos con moito coidado, o miau foise achegando amodo, miau a miau... e comeu o noso cadro!

Queredes ver como desaparecen os peixes entre os seus bigotes? Non perdades o noso vídeo de stop motion. É unha aventura para lamber os dedos!




4 nov 2024

Caperucita Terrorífica

 Como todos sabedes no recreo de comedor os luns temos o noso club de lectura.

Este curso dedicámolo a ler contos e historias que despois nós dramatizamos. Aquí podedes ver a versión de Carapuchiña creada por Aldara, Antía, Carol, Juan, Israe e Liam. Esperamos que vos guste e que polo menos vos divirta. Animarvos a crear e interpretar. Temos premios para todos !!!





Biblioteca divertida. Xogamos a corre corre cabaciña

 


Os alumnos e alumnas de 5º de E.I. lemos e interpretamos o conto clásico destas datas de Samaín.

Despois de lelo, decidímonos a vivir aventuras coa avoa, o león ... todos xogaron connosco no noso patio.

Esperamos que vos guste o noso vídeo. Nós pasámolo super ben!!!














O vampiro Edelmiro e a cativada de 6º de E.I.

 

Os alumnos e alumnas de 6º de E.I. lemos e interpretamos o álbum ilustrado O Vampiro Edelmiro.

Este tipo de libros anima ao lector para ir máis aló da súa lectura. A vivir aventuras cos seus personaxes.

Por iso o vampiro Edelmiro sae da biblioteca e paséase pola clase de 5 anos.

Sae ao patio onde descobre que comer san é o mellor.

Esperamos que vos guste o noso vídeo. Nós pasámolo xenial !!!










20 may 2024

Letras Galegas 2024. O GLOBO DE PAPEL

 Un dos obxectivos deste curso é analizar e clasificar o noso fondo histórico de libros.

Habilitamos un local para almacenalo e preservalo, xa que temos libros moi valiosos.


Así é como atopamos, polo menos de momento, o máis antigo é O globo de papel. Conto de Elisa Vives de Fábregas ilustrado por Fina Rifá e traducido ao galego por Xohana Torres.

É un libro de Editorial Galaxia de 1966.

Non sabemos de que escola de Lourenzá procede, pero a pesar de que por aqueles anos todo o ensino impartíase en castelán; un profesor ou profesora preocupouse de comprar para a biblioteca un conto en galego que ademais tiña exercicios, vocabulario e actividades.

Estamos nun tempo en que temos centos de libros e materiais en galego tanto de ficción como de información.

Neste Día das letras Galegas queremos homenaxear aos mestres e mestras que falaron, escribiron e fomentaron o uso do galego nas aulas, nunha época que non era fácil e moitas persoas pensaban que o galego era unha lingua de paletos.

Fixemos as actividades que propoñia o libro.

É un conto de 1966 cando Luisa Villalta tiña nove anos. Si queres saber si lle gustou mira o vídeo que fixemos. 





  





13 feb 2024

O papaventos de Kala

 Con este conto escrito por Chelo e ilustrado por o alumnado de 5º de E.P. queremos lembrar a desigualdade que reciben as mulleres en moitos países e culturas. 

Chegando moitas veces á violencia de xénero.

Aquí tedes o conto e un vídeo resumo das actividades que fixemos.
















27 oct 2022

IGUÁLA-T: Paco e as pantasmas

Para este tempo de Samaín, propuxemos para todos os nenos de primaria que se imaxinasen unha historia de Samaín, cando Francisco Fernández del Riego, era só un neno que xogaba nas rúas de Lourenzá.
Esta é a proposta dos nenos e nenas de 2º de E.P.
 Un sinxelo traballo no que historia, decorados, personaxes i efectos especiais foron deseñados por eles.
Esperamos que vos guste.


24 abr 2022

Jane Goodall para nenos

Os alumn@s de 3º investigaron, escribiron e ilustraron a biografía de Jane Goodall, podedes vir vela á biblioteca do cole.





Neste vídeo só vai unha pequena reseña.

18 abr 2022

8 DE MARZO Día da Muller

Dende a biblioteca traballamos este día propoñendo biografías de mulleres de todo o mundo e de todas as culturas. 











15 may 2021

LETRAS GALEGAS 2021 . XELA ARIAS

 Dende a biblioteca traballamos a obra da autora coas seguintes actividades.

1.Exposición e estudo  da súa obra literaria e do seus traballos de traductora. Como  podedes ver contamos coas edicións  orixinais da autora, que completamos coa adquisición de libros publicados para conmemorar estas datas.




2.Traballamos o libro Darío a diario ilustrando e lendo  os versos que se  podían axeitar aos alumnos e alumnas do noso centro. 



3. Colaboramos  ao fomento do galego realizando carteis publicitarios.