Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

22 mar 2026

"Cesta de froitas, floreiro e vaixela" 5º E.P.

 Os artistas de 5º de Primaria puxéronse as lentes de detective para recrear esta "Cesta de froitas, floreiro e vaixela". O resultado é espectacular, pero... coidado! Se vos fixades ben, este cadro ten un detalle moi especial.

Sabedes que facía Clara Peeters para que ninguén esquecese que ela era a autora? Agochaba o seu nome no coitelo!

Naquela época, as mulleres non o tiñan nada fácil para asinar os seus cadros, así que Clara era unha experta en "camuflar" a súa sinatura. Os nosos alumnos e alumnas de 5º aprenderon este truco e debuxaron cada froita, cada flor e cada obxecto con moitísima precisión para que a súa obra fose tan importante coma a de Clara.

No vídeo de stop motion de 5º, poderedes ver como se monta este bodegón cheo de historia e valentía.Buscade ben o coitelo, que por aí anda o rastro dunha gran muller!





No hay comentarios:

Publicar un comentario