Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

11 may 2014

Investigando e lendo: Sadako e as mil grúas de papel

Cando Sadako  tiña dous anos, unha bomba atómica caeu sobre a súa cidade, Hiroshima en Xapón.



 Despois de dez anos, cando ela tiña doce anos de idade, era unha gran deportista 




 pero  despois dunha caída ,os doutores no hospital descubriron que ela tiña leucemia, un tipo de cancro causado pola bomba atómica.


cando Sadako está no hospital, a súa amiga Chizuko contalla a historia das mil grúas de papel. A historia é que se estás enfermo e fas mil grúas de papel, os deuses curarante da enfermidade que tes. Así é que Sadako fixo unha meta de facer mil grúas de papel. Non obstante, cando ela morreu só tiña 644 grúas completadas...
Tres anos despois de que  morreu, os nenos de toda a súa cidade, Hiroshima, dedicaron unha estatua dela cunha grúa na súa man nun parque.  Sadako e as mil grúas agora son un símbolo de paz para todo o mundo.

 Podedes ver nestes dous vídeos como traballamos este libro os alumnos de 5º e 6º e os debuxos que fixemos,



No hay comentarios:

Publicar un comentario