Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

28 may 2024

Luisa Villalta, a nena dos caligramas

 

 Un ano máis  celebramos  o Día das Letras Galegas, que como sabedes foi unha idea do noso escritor Francisco Fernández del Riego.

Este ano a autora homenaxeada é Luisa Villalta. Esta muller era ademais de escritora. Violinista e profesora de galego nun instituto.

Cando Luisa era só unha nena nas clase de lingua castelá, descubriu os Caligramas.

Un caligrama é un poema que non só lese, senón que tamén se ve. As letras toman forma e relaciónanse co que o poema di. 

"Gustábanlle porque ela sempre amou xogar coas palabras e atopar novas formas de crear poesía."

Luisa tamén foi das primeiras profesoras de galego. Empezou o seu traballo polo 1988.

No fondo histórico da biblioteca atopamos o primeiro libro que utilizaron os nenos e nenas deste colexio para estudar galego: chámase Campo e mar aberto ( 1ª edición 1975) da escritora Dora Vázquez.

Por iso escollemos  algúns dos  seus poemas , como homenaxe non só a Luisa Villalta senon a todo o profesorado que se preocupou de que o galego formase parte da nosa vida escolar.

 Neste vídeo podedes ver o noso recital.
















 Sete haikus de Luisa Villalta
  A poesía de Luisa non está pensada para a cativada.
Pero o alumnado de 1º e 2º deseñou  sete marcápaxinas moi fermosos  utilizando os programas de ilustración dixital Paint 3d e Tux Paint.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario