Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

18 may 2016

Escolma de versos. Homenaxe a Manuel María




Como xa sabedes esta semana celebramos o Día das Letras galegas, adicado este ano ao poeta Manuel María. 
Na biblioteca temos a vosa disposición a súa obra. Neste vídeo podedes ver os poemas que máis nos gustaron. Tamén vos poñemos debuxos que fixemos para ilustralos.



 
E para rematar a celebración fixemos o día 26 de maio unha celebración no patio do colexio. Elaboramos grandes murais e recitamos  por cursos os poemas que máis nos gustaron.

Infantil 3 e 4 anos.

Infantil 5 anos

1º.Primaria 
                   
1º Primaria



2º Primaria

3º Primaria

6º Primaria

4º Primaria
5º Primaria
                         








2 may 2016

Promo-libro: O Palacio de papel

Os alumnos de 3º leron e recoméndanvos : o Palacio de Papel.





24 abr 2016

Día do Libro. Tertulia literaria. Sabela Núñez Singala

O venres 22 veunos visitar Sabela Núñez Singala.
Gustounos moito coñecer á escritora dun libro que nós xa leramos: O agasallo de Ania. 



 Para irnos coñecendo Sabela  contounos un conto O soño de Xiana, que nos fixo reflexionar e coñecer a vida en Ucraína, que nos encantou. Esperemos que axiña se converta tamén nun libro.

 E despois falamos e comentamos o libro que leramos os alumnos de 5º e 6º: O Agasallo de Anya
Esta historia encantounos e sorprendeunos que a escritora tivera obxectos que formaban parte da historia e que nós recoñecimos .



Moitas grazas Sabela !!!



Fabola encantada de coñecer unha escritora !!!

Día do libro .400 anos da morte de Cervates.

Para lembrar ao xenial escritor e a súa obra máis importante: Don Quixote.  Programamos diferentes actividades durante todo o mes de abril.
Aquí tedes un adianto do que fixemos para o Día do Libro.
Os alumnos de 6º que están realizando un proxecto sobre Cervantes decidiron confeccionar uns marcapáxinas deseñados por eles.
O venres 22 de abril, despois de moito traballo agasallaron a toda a comunidade esducativa con un. 



Os alumnos de 3º elaboraron e crearon este fermosa obra de monicreques.





Día do Libro. Don Quixote

Os nenos de infantil e 1º e 2º viñeron ler un pouco do xenial libro.
Tamén adornaron a biblioteca cós muiños da novela, si miras como Don Quixote ves xigantes , pero si tes a mirada de Sancho Panza ves muiños.
E fixemos este mural, para onde irán Don Quixote e Sancho?




3 abr 2016

Día do libro infantil 2016.

O venres 1 de abril celebramos o día do libro infantil. Como sabedes ese día lembramos ao  escritor danés H.C. Andersen.

Os alumnos de 5º fixeron unha presentación na que nos contaron a biografía do escritor e os de 6º representaron unha adaptación do conto de Luciana Sandrini Érase unha vez, que se le este día en bibliotecas de todo o mundo. Esperamos que vos guste.


Presentación de Andersen, 5º

29 feb 2016

un conto no fondo do mar

 Os nenos e nenas de Infantil están facendo un proxecto chamado Debaixo do mar, e atoparon na biblioteca un fermoso libro dun cabaliño de mar.
          Adiviñade a onde tivemos que ir para velo? Mirade este vídeo para sabelo.



3 feb 2016

O monstro de cores visita a nosa Biblioteca.

Os alumnos de infantil estiveron facendo un proxecto no que traballaron as emocións.
Fixeron moitas cousas  entre elas o monstro de cores  que nos seviu para confeccionar tamén o noso libro das emocións.
Todo o colexio participou con debuxos, poesías e cancións que foron facendo ao longo do mes de xaneiro.
Cando o rematamos os alumnos de 6º elaboraron esta montaxe de teatro e vídeo  que podedes visionar aquí, si o vedes ata o final saberedes que festexavamos.



26 nov 2015

CHARLA : O MEL DE GALICIA



O martes pasado veu Beatriz e falounos do mel e das abellas.
Aprendimos que para fabricar o mel  necesitanse tres cousas:
-A abella melífera(Apis Mellifera)
-Flores para recolectar o néctar.
-A colmea para fabricar o mel.


















Tamén agora sabemos que   nunha colmea hai tres tipos de abellas:
- abella raiña ,que manda na colmea. 
- abellas obreiras , as que traballan, hai miles
.-zánganos, os que fecundan a raiña.

En Galicia hai 4 tipos de mel :
-Eucalipto.
-Castiñeiro.
-Queiroa.
-E silva.           
O apicultor é o encargado de recoller o mel da colmea .
Cando o panal está cuberto de cera indica que o mel está listo para recoller.
Entón o apicultor prepara o seu equipo formado por:
traxe axeitado,botas,luvas,espátula,pinzas,afumador...e comeza os catro pasos da recollida do mel
1 -Desopercular(quitar a cera)
2-Extración(métense os panais nunha máquina que ao xirar valeira o mel)
3-Ponse a madurar e deixase repousar.
4-Envásase