Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

1 mar 2018

Semana de Rosalía: A casa de Rosalía na Biblioteca

O día 23 celebramos na biblioteca, dunha forma moi divertida. a nosa homenaxe á escritora.
Elaboramos a casa de Rosalía , como podedes ver na foto e nos vídeos, e dende alí lembramos a súa vida e a súa obra.




Semana de Rosalía : Rosalía nas fiestras

Un curso máis o noso colexio súmase a homenaxe que a Asociación de Escritores e Editores adica a nosa escritora universal.
Durante esta semana os alumnos de Infantil e Primaria estudaron a poesía máis sinxela da autora e decorarom as fiestras do colexio  con estrofas e versos de Rosalía.
 
                                                                   
                                                                                   
























16 feb 2018

Paz para os" Roinyás"








Á volta das vacacións no Semanal do 7 de Xaneiro atopamos esta foto
Os nenos e nenas dun Campamento de refuxiados amosaban ao fotógrafo os seus sinxelos  xoguetes cós que trataban de poñer un pouco de ledicia no súa vida.





Uns días despois apareceu no mesmo Xornal este titular
  " Los Rohinyás tienen el reloj parado"
Era un artigo do Domingo 28 de Xaneiro.
Estes dúas reportaxes axudáronos a poñerlle contido  aos nosos desexos do Día da Paz 2018.






Alex, dixo que a Pomba da Paz estaba chorando porque estes nenos por causa da guerra teñen que vivir nun campo de refuxiados.
Despois cada un de nós debuxou unha casa para cada neno "rohinyá"que necesita un fogar.
                                                                                                  





10 ene 2018

Contos de Nadal

No mes de decembro adicamos un tempo a ler e contar historias de Nadal que nos recomenda Fabola.

Os novos amigos de Fabola no seu salón.

Unha paisaxe de Nadal

Para decorar a Biblioteca cada curso elaborou unha árbore de Nadal , podedes escoller a que máis vos guste.

1º e 2º

5º e 3º

4º e 6º

Infantil

Premios concurso ilustradores

María e Daniela foron as gañadoras do noso concurso de ilustradores. Grazas por paricipar!!!!



20 nov 2017

Convidámoste a ler Escarlatina , a cociñeira defunta de Ledicia Costas.

Convidámoste a ler  Escarlatina , a cociñeira defunta de Ledicia Costas.
Os alumn@s de 5º de E.P.leron este libro para empezar o curso . Como xa sabedes é un dos libros máis premiados e coñecidos de Ledicia Costas.


A eles tamén lles gustou moito. Aínda que non queremos contarvos o argumento non deixedes de visionar  este vídeo no que podedes ver a nosa opinión e os traballos que fixemos.

Deixamos este maletín “ terrorífico” na biblioteca  para que vos animedes a ler e a inventar a segunda parte…
Felicidades Ledicia, eres a mellor!!!

29 oct 2017

Día da Biblioteca 2017.

 Un curso máis celebramos este día lembrando a importancia das bibliotecas para a difusión da cultura e o coñecemento. para celebralo convidamos a todos a ler o pregón que podedes descargar aquí e participar no concurso de ilustradores ata o marte 31 de outubro. Sorte e moita imaxinación!!! Non deixedes de velos todos  aquí

                                                                     



 

Día das Biblioteca 2017, colaboración coa biblioteca do concello.

Esta semana estivemos celebrando o Día da Biblioteca.
Patrocinado polo concello de Lourenzá os alumnos de 5º e 6º visitaron a biblioteca municipal e realizaron un interesante obradoiro de maxia e literatura.




Despois ,aquí ,na nosa biblio tivemos unha actuación do Mago Albert  para todos , que nos gustou moito.