Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

2 may 2018

Día do Libro 2018." Best sellers"Fabola

Estamos de festa e para celebralo cada curso de infantil e primaria votou o seu libro favorito da Biblioteca, aquí tedes os "nosos best sellers" creados por nós. 










4 abr 2018

O Xardín dos Poetas.

Os alumn@s de 2º escolleron nos libros de poesía  a seis poetas moi coñecidos.  Como era o seu día fixeron un xardín para que pasearan e publicaran os seus versos, podedes vir velo a biblioteca. Aquí tedes un book trailer que vos vai encantar.












Día da Poesía:" Roseira do teu mencer"

Esta fermosa Nana foi a elexida polos nenos para ilustrar, que vos parece como nos quedou?





11 mar 2018

Semana da prensa . “A Voz de Fabola”

Con motivo da semana da prensa ,dende a biblioteca, e coa colaboración dos titores suxerimos a seguinte actividad para conmemorar a Semana da Prensa Escrita.


Facendo un guiño a este medio diseñamos “ A Voz de Fabola”.

Na entrada do colexio, colocamos o noso xornal xigante, no que cada grupo de alumnos  e tódalas mañás, despois de ler os dous xornais principais da provincia “ La Voz de Galicia e “ El Progreso de Lugo “, seleccionaba a nova que lles parecía máis interesante .

Cada grupo de alumnos tiña asignados  unha sección do noso xornal.

Os máis pequenos de tres e catro anos informaban da data e do tempo.




Os de cinco anos as novas de Lourenzá.


Os de 1º analizaban as novas da Mariña Lucense.



Os de 2º optaron polos deportes.

Os de 3º escolleron as Novas de Galicia.

Os de 4º levaban a sección de Novas de España.

Os de 5º preferiron darnos conta das novas culturais.

Finalmente os alumnos de 6º decidiros analizar as novas internacionais.


A experiencia foi moi positiva e por suxerencia dos propios alumnos imos seguir  publicando o noso  xornal  xigante.

Gracias a todos por participar e lembrade que para estar ben informado o mellor é ler a prensa xa sexa en formato escrito ou dixital.
Tamén debemos contrastar as diferntes fontes, e ampliar a nosa información con outras publicacións 
e por iso a nosa exposición e recoñecemento a labor destes medios.

1 mar 2018

Semana de Rosalía: A casa de Rosalía na Biblioteca

O día 23 celebramos na biblioteca, dunha forma moi divertida. a nosa homenaxe á escritora.
Elaboramos a casa de Rosalía , como podedes ver na foto e nos vídeos, e dende alí lembramos a súa vida e a súa obra.




Semana de Rosalía : Rosalía nas fiestras

Un curso máis o noso colexio súmase a homenaxe que a Asociación de Escritores e Editores adica a nosa escritora universal.
Durante esta semana os alumnos de Infantil e Primaria estudaron a poesía máis sinxela da autora e decorarom as fiestras do colexio  con estrofas e versos de Rosalía.
 
                                                                   
                                                                                   
























16 feb 2018

Paz para os" Roinyás"








Á volta das vacacións no Semanal do 7 de Xaneiro atopamos esta foto
Os nenos e nenas dun Campamento de refuxiados amosaban ao fotógrafo os seus sinxelos  xoguetes cós que trataban de poñer un pouco de ledicia no súa vida.





Uns días despois apareceu no mesmo Xornal este titular
  " Los Rohinyás tienen el reloj parado"
Era un artigo do Domingo 28 de Xaneiro.
Estes dúas reportaxes axudáronos a poñerlle contido  aos nosos desexos do Día da Paz 2018.






Alex, dixo que a Pomba da Paz estaba chorando porque estes nenos por causa da guerra teñen que vivir nun campo de refuxiados.
Despois cada un de nós debuxou unha casa para cada neno "rohinyá"que necesita un fogar.
                                                                                                  





10 ene 2018

Contos de Nadal

No mes de decembro adicamos un tempo a ler e contar historias de Nadal que nos recomenda Fabola.

Os novos amigos de Fabola no seu salón.

Unha paisaxe de Nadal

Para decorar a Biblioteca cada curso elaborou unha árbore de Nadal , podedes escoller a que máis vos guste.

1º e 2º

5º e 3º

4º e 6º

Infantil