Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

3 jun 2019

A carballeira do Juan Rey



Coa colaboración de Voz Natura   quixemos facer unha carballeira nun  recuncho do noso patio. Aquí vos queda o vídeo  no que o guión e montaxe foi realizado polos alumnos de 5º e 6º.
Tamén vos deixamos a definición  e caracteristicas de esta árbore tan importante para a conservación do entorno galego que atopamos na Galipedia .




Carballo é a designación común das cerca de seiscentas especies de árbores e arbustos.

 Os Querci(carballos)  medran en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas. En xeral, as especies de folla caduca distribúense máis cara ao norte e as de folla persistente, cara ao sur. Caracterízanse por ser árbores rexas e fortes e polos froitos: as landras.

Diferentes especies de carballos son moi comúns en toda Galicia. De feito os carballos constitúen a formación forestal máis representativa do país: a carballeira.
 As carballeiras teñen estado en regresión debido sobre todo á actividade humana e á substitución destes bosques por reforestacións de especies foráneas coma o piñeiro  ou o eucalipto; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente nas zonas do interior.

23 may 2019

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

 Traballamos a súa vida e a súa obra con diferentes actividades, aquí tedes unha pequena mostra.

Aqui tedes a súa biografía que montamos, diseñamos e publicamos en diferentes formatos: vídeo, mural e .cómic






         No noso Xardín Literario os alumnos de E.P. contaron a súa vida con  unha montaxe de fotos e debuxos.

Sabemos que Antón Fraguas era etnógrafo si viñera por Lourenzá seguro que lle encantaba este mural que fixemos.



26 abr 2019

Ledicia Costas a nosa escritora favorita

Para celebrar o Día do Libro  veu Ledicia Costas, coñecimos  unha escritora con moita imaxinación.
Podedes ver neste vídeo as cousas que nos contou e xa sabedes que tedes os seus libros a vosa disposición.


25 mar 2019

Semana da Prensa 2019



 Un ano máis celebramos a Semana da Prensa.
A nosa Bibliomóvil está estes días de xornais e revistas de diferntes contidos.
Como nos gustou moito imos seguir máis días.


Tamén editamos un número especial de Voz de Fabola. 


Aquí tedes a nosa edición especialA Voz de Fabola. Edición Especial

8 mar 2019

Versos Vellos en Follas Novas

Neste audiolibro podedes escoitar e ver o noso día de Rosalía.
Na entrada que tedes debaixo podedes ver fotos do que fixemos.
Pero xa sabedes que podedes vir ver esta exposición ao cole, todos estades convidados.

Versos Vellos en Follas Novas.

Un ano máis  lembramos á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.
 Despois dun estudo e revisión da súa obra, cada curso seleccionou e ilustrou versos das súas obras máis coñecidas .


  Nesta  arbóre   cada un de nós escribiu os versos que
máis nos gustaron da autora.



Infantil 3 
Infantil 4 
Infantil 5


18 feb 2019

A vaca Lola

Os alumn@s de Infantil despois de investigar e traballar moito sacaron pastar a súa vaca.


11 feb 2019

Traballando a Paz

Un ano máis os alumnos e alumnas do colexio celebramos o Día da Paz.
Os alumnos de 6º investigaron,  editaron e publicamos esta biografía de Gandhi:


 Os de 5º investigaron os grandes problemas do mundo e realizando esta edición especial do Telexornal, Esperamos que vos guste.
A totalidade do alumnado realizaron este muro da Paz. Aínda que pareza contradictorio fixemos un  muro que non deixe pasar a violencia, as guerras, as inxustizas...

18 ene 2019

Bo Nadal


Con estes vídeos queremos felicita a toda a comunidade educativa e lembrarvos que ler un bo libro é unha forma xenial de pasar estes días. Bo Nadal a todos!!!!