Día do Libro infantil. Dende a vosa casa podedes inventar unha historia ou tamén contar unha xa coñecida. Si queredes podedes enviarma e será publicada no blog.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
2 abr 2020
25 mar 2020
Dende a miña ventá.
Neste tempo que temos que quedar na casa imos suxerir a seguinte actividade.
Asómate a túa ventá e mira si pasa ou ves algún animal.
Agora busca información e completa a ficha que tes abaixo.
Non te preocupes si non tes impresora, ou ordenador. Podes facela nun folio ou nunha libreta.
Xa verás cantos animais vas a ver.
Ánimo e a investigar.
![]() |
| Portada |
![]() |
| Unha ficha para cada animal Aquí tedes as que me vades mandando Carla 1º |
23 mar 2020
Un conto de actualidade.
Atopamos este conto que podedes ler . Que vos parece podedes amosar as vosas opinións nos comentarios.Coronavirus no es un principe, es una princesa
Todo vai ir ben. Traballando dende a casa.
Con este vídeo toda a comunidade educativa quere sumarse a esta campaña de ilusión e esperanza debuxando un arco da vella.
Os nenos nenas de 4 anos amosan a súa ilusión e animan a todos a quedar na casa en diferentes linguas:galego, castelán e marroquí porque este virus non distingue nin razas nin fronteiras.
Grazas polos vosos traballos.
29 feb 2020
Actividades Rosalía 2020.
Aínda non rematamos todas as actividades adicadas a nosa escritora máis universal.
Este é o lema que temos para Rosalía que puxemos na porta da biblio.
Atopamos esta imaxe moderna da escritora e engadimos portadas deseñadas por nós aos seus libros máis clásicos.
Tamén ilustramos e escribimos esta biografía con debuxos feitos por nós e con recortables esperamos que vos guste moito-
Asiña vos amosaremos unha escolma poética que estamos elaborando. Estade atentos a nosa canle!!!!

| Edicións Fabola.: Eu son Libre. |
Estes son os poemas que adaptamos a "Rap" estade atentos!!!
ESPERAMOS A PAZ: CAMPOS DE REFUXIADOS.
Actividades realizamos todos os días, como beber, comer, lavarnos ou cociñar, poden ser un reto para millóns de persoas en todo o mundo que se ven obrigadas a fuxir dos seus países debido a conflitos armados ou persecucións que poñen en risco a súa vida. Unha das solucións para axudar a estas persoas consiste na creación de un campamento de refuxiados.
Os campos de refuxiados están concibidos como unha solución temporal pero cando non chega a paz pasan os anos e non volven ao seu país. A media son 17 anos.
Este foi o noso tema de investigación para celebrar o día da paz os ao que adicamos as sesións semanais de biblioteca dos alumnos de infantil e primaria no mes de xaneiro.
Os de primaria realizamos murais, presentacións e carteis.

Os de infantil traballaron contidos relacionados coa axuda humanitaria elaborando ao final un camión de Acnur.
O día da Paz quixemos simular unha escola dun campo de refuxiados no cole. Só durante unha hora estivemos no patio todos os cursos xuntos, sentados nun banco e vimos o difícil que debe resultar estudar alí.
Para comer a merenda tivemos que esperar que viñera a axuda humanitaria e facer longas colas, os nenos de infantil foron os encargados ...
26 feb 2020
Verbas para a Paz.
Cada un dos alumnos de primaria buscou e ilustrou unha palabra necesaria para construir un mundo de Paz e non violencia.
Fixemos un diccionario que esperamos aumentar cada ano.
Este é o noso desexo : QUEREMOS PAZ NO MUNDO , que todos podan vivir coma nós.
Fixemos un diccionario que esperamos aumentar cada ano.
Este é o noso desexo : QUEREMOS PAZ NO MUNDO , que todos podan vivir coma nós.
21 feb 2020
O avó de Pipa
23 ene 2020
Felicitación de Nadal
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)