Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

14 jun 2020

Remata o curso

Remata o curso e o Equipo de Biblioteca quere agradecervos o voso gran traballo ao longo do curso tanto cando estivemos no colexio como na casa.  Nestes vídeo e no nosa xornal: A voz de Fabola podedes ver as vosas colaboración. Lembrade ler un pouco cada día. Feliz verán!!!













11 jun 2020

O Ano das mulleres

Antes de Rematar  queremos lembrar que este curso foi adicado especialmente aos dereitos das mulleres. Traballamos a obra das seguintes escritoras:
J.K Rowling.
Rosalía de Castro.
Helena Villar.
Beatrix Potter
Astrid Lindgren

Autoras seleccionadas por este equipo porque son do agrado do alumnado como pola  súa obra que se axeita aos nosos obxectivos.
Traballamos especialmente  a igualdade, mercando novos fondos e  adicando un espazo diferenciado para eles.



Tendo como lema “ As mulleres podemos con todo”  traballamos o libro Pipi calzas largas e a súa mensaxe de valentía e independencia que transmite ás nenas de varias xeracións
Analizamos e recitamos tamén  o Poema á muller galega, de Manuel María que reflexa moi ben a vida das mulleres galegas ao longo da historia.


Elaboramos un muraL
HOMENAXE A TODAS AS MULLERES IMPORTANTES PARA NÓS,  Cada alumno debuxou a súa nai e tamén buscaron cientificas , escritoras, doutoras ,traballadoras ou labregas poñendo en valor todas as profesións e actividades as que se adican as mulleres.
Rematamos nun cine-forum visionando a película Pipi Calzaslargas.
Traballamos libros e textos da nosa nova sección Literaria , adicada a igualdade.









Investigamos

Agora que remata o curso  lembrade que a nosa  biblioteca é tamén un espazo para que  investiguedes  e seleccionedes información. Aquí tedes algúns exemplos de Lapbook de plantas , animais, abellas, historia dos contos ou literatura que se fixeron este curso. Grazas por participar.
   













4 may 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Aquí tedes a biografía que fixemos, grazas por participar, que xa sei que tedes moito traballo.





Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 
1990).
Este autor é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura en galego ao longo do século XX.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos. 

Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués. 

Aquí podedes atopar actividades e Xogos para que vos acheguedes a  súa vida e a súa obra .https://primaveradasletras. sgal/


As actividades que propoñemos dende a biblioteca para lembrar a este autor, son as seguintes:
-1.Elabora a portada dun libro de Carballo Calero que ao teu parecer é importante.  Podes utilizar este modelo ou un  que debuxes ti.



Aqui tedes algúns que vades mandando.
















-2. Ricardo Carballo Calero cando era neno tamén tiña sonos, Despois de investigar na súa obra , cales poderían ser?
 Podes completar a ficha coas túas conclusións

Esta é a portada do noso conto 




24 abr 2020

Día do Libro 2020

Este é o conto que fixemos para celebrar o Día do Libro. Está ilustrado con debuxos e ideas dos nenos maiores do colexio para os máis pequenos. A historia lévanos ao voso futuro, ao ano 2080 cando sexades avós e teñades que contar o que pasou este día que non podíamos saír da casa.




Os escritores do Juan Rey


Estes son os contos dos vosos compañeiros, grazas, así empezaron os grandes escritores. ESCRIBINDO HISTORIAS SINXELAS.







23 abr 2020

CRÍTICAS LITERARIAS .

Estas son as recomendacións  e críticas dos vosos compañeiros. Grazas por participar.



Iván 1º