Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

1 mar 2021

DÍA DE ROSALÍA 2021

Un ano máis na biblioteca do colexio lembramos e investigamos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis imortante.

Como vimos facendo este curso dende 2º de E.P.  plasmamos o noso trraballo nun" lapbook"individual   da escritora.

Tamén lemos, recitamos e  ilustramos versos  que engadimos ao noso libro VERSOS E POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.

Con toda o material que elaboramos os alumnos de 6º realizaron este vídeo. A música foi axuda da profe Julia e dos nenos e nenas de 2º. Esperamos que vos guste e grazas por participar.



















PAZ 2921

Este curso xa sabedes que non facemos murais por seguridade. Xa que estamos en pandemia e preferimos traballo individual .

Para lembras este día todos os alumnos de primaria investigaron dúas das figuras máis importantes e representativas da paz mundial:Gandhi e Martin Luther King. Despois realizamos un " lapbooks, "podedes ver aquí as fotos.











22 dic 2020

Bo Nadal

 Remata este trimestre e dende o equipo da biblioteca queremos  agradecer  a vosa colaboración en todas as actividades propostas. Elaboramos este vídeo de Nadal coa canción  de John Lennon: XA É NADAL , unha canto a paz por riva de crenzas, raza ou país , esperamos que vos guste, e seguide lendo o que vos apeteza.



8 dic 2020

Novidades para que te animes a ler









 

Viaxe ao país da igualdade

Os alumnos de E.I. e 1º de E. P. traballamos o libro O país dos mandóns 

Aquí tedes a nosa versión do conto esperamos que vos guste.


Dicimos Non á violencia de xénero.

A biblioteca lembrou un ano máis esta data tan importante coa esperanza de que algún día sexa erradicada da sociedade.
Os alumnos e alumnas de E. P. dende 2º traballamos o libro: Los hombres no pegan de Beatriz Moncó 

Tamén fixemos carteis e debuxos que podedes ver aquí:



















19 oct 2020

Día das escritoras 2020. Juana Ibarbourou.

 Hoxe é o día das escritoras. Nós imos adicalo a Juana Ibarbourou, que é unha das poetisas máis importante da literatura hispana. Sabedes que seu pai era de Lourenzá?.

Ao longo deste trimestre iremos investigando e lendo a súa vida e a súa obra para nenos.

Aquí tedes un vídeo da infancia que fixemos...


A nosa homenaxe a Mafalda


 Estes primeiros días de curso quixemos coñecer, revisar e homenaxear  a esta nena e ao seu autor Quino.

Cada alumno e alumna de primaria creaou un personaxe que fala con Mafalda e que os acompañará ao longo do curso.
Aquí tedes a Astro.

Tamén buscamos a frase que máis nos gustou.