Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
8 may 2021
31 mar 2021
Marzo, mes da muller na biblio
Estas son parte das actividades e traballos que publicamos na biblio este mes de marzo .
1."NOSOTRAS"
Nos fondos da biblioteca atopamos estas dúas " xoias bibliográficas, son de 1949 e 1964.
Estes libros teñen unha visión da muller moi diferente a de hoxe en día , os alumnos de 4º e 5º analizaron e debatiron a vida da muller no ano 1964 e na actualide.
Investigamos a súa biografía como exemplo de muller científica elaborando sinxelos carteis os alumn@s de 1º e 2º.
3- CAMIÑO DA IGUALDADE.
4.TODAS IAMOS A SER RAÍÑAS.
Como sabedes este curso lembramos e poñemos en valor as mulleres poetas.
1 mar 2021
DÍA DE ROSALÍA 2021
Un ano máis na biblioteca do colexio lembramos e investigamos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis imortante.
Como vimos facendo este curso dende 2º de E.P. plasmamos o noso trraballo nun" lapbook"individual da escritora.
Tamén lemos, recitamos e ilustramos versos que engadimos ao noso libro VERSOS E POEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.
Con toda o material que elaboramos os alumnos de 6º realizaron este vídeo. A música foi axuda da profe Julia e dos nenos e nenas de 2º. Esperamos que vos guste e grazas por participar.
PAZ 2921
Este curso xa sabedes que non facemos murais por seguridade. Xa que estamos en pandemia e preferimos traballo individual .
Para lembras este día todos os alumnos de primaria investigaron dúas das figuras máis importantes e representativas da paz mundial:Gandhi e Martin Luther King. Despois realizamos un " lapbooks, "podedes ver aquí as fotos.





