Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

16 may 2023

IGUÁLA-T: Lecturas recomendadas para o fomento da igualdade.




Quelele este curso non parou de ler libros de Igualdade que atopou na nosa biblioteca.

Aquí tedes unha selección dos que máis vos gustaron.

Tamén tedes un vídeo que fixeron o alumnado de 5º coas súas recomendacións.






 


15 may 2023

IGUÁLA-T: A evolución da muller galega ao longo do século XX.

 Como xa sabedes o noso proxecto " desde s fiestra de don Paco" fai un percorrido pola vida e obra do escritor máis importante.

Realizamos debates e reflexións  sobre como a vida da muller en Galicia e no mundo e vai mellorando. Aquí tedes o que fixemos.



IGUÁLA-T: Quelele e a linguaxe non sexista "Linguadade"

Con axuda de Quelele e o  alumnado de primaria queremos facer un glosario con linguaxe non sexista. Polo de agora levamos estas que ves. Si queres podes engadir ti outras. Estaremos encantados de publicar os vosos traballos.

 
 

IGUÁLA-T: memorias dunha nena labrega.

Na súa editorial Francisco Fernández del Riego e os seus amigos  crearon unha revista  cultural chamada Grial.

No número 174, publicaron  un artigo de  Xavier Castro Pérez     titulado:

A fariña dos días: memorias dunha nena labrega.

 

É un artigo escrito para adultos , pero a nós inspirounos para facer esta revista.

Ides atopar entrevistas que  o alumnado do 3º ,4º,5º e 6º   realizaron a súas avoas.

Moitas grazas a todas por participar!!!

As fotos que aparecen na revista son fotos libres de nenas dos anos 60 atopadas na rede con fins educativos.




 

25 feb 2023

Día de Rosalía 2023




 Para celebrar este día tan importante decidimos traballar dous poemas de Rosalía de Castro:




Este fermoso  poema fala do caldo galego.  Decidimos ler e ilustrar o poema cos nosos debuxos e facer este mural que puxemos no comedor do colexio.

Con axuda de Juan e Ana, os noso cociñeiros, comimos o Caldo de Gloria e os bolos de pote. Pero antes os nenos de cuarto de primaria recitaron o poema. Podedes velo no vídeo que imos publicar na canle.


11 feb 2023

IGUÁLA-T: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA




Imos celebrar este día lembrando a Marie Curie, unha das mulleres científicas máis importantes da historia. Podedes vela neste vídeo que fixemos.


Na actualidade hai moitas mulleres científicas. Este ano 2023 queremos achegarnos a vida de Amparo Alonso .Lembramos este día visibilizando os logros e o traballo de mulleres galegas na ciencia. Aquí tedes a súa biografía con actividades. 







7 nov 2022

Mes da ciencia

 




Paula e Claudia recomendan a biografía de Isabel Zendal. Unha enfermeira que tivo unha vida adicada á ciencia, especialmente as vacinas. Podedes collelo na biblioteca.
Dende o curso pasado  traballamos  especialmente a difusión dos experimentos relacionados coa biodiversidade .
Este curso , dende a biblioteca , queremos animarvos a que sigades investigando.
Por esta razón os alumnos e alumnas de 5º deseñaron este LABORATORIO MÓVIL. Podedes encontrar ferramentas básicas  ( microscopio, tubos de ensaio, probetas, frascos de mesturas), bibliografía, ordenador, tableta e cámara de vídeo.
Esta listo para que o levedes a calquer sitio do colexio e vos facilite as vosas investigacións.



 




4 nov 2022

Samaín na biblioteca

Aquí tedes estes carteis e debuxos que fixemos esta semana, para celebrar estas datas. 
Moitos de nós viñemos disfrazados dos nosos personaxes favoritos. A que damos un pouco de medo?



 Estes debuxos tan chulos están feitos polos nenos e nenas de 1º de E.P. co ordenador. Están aprendendo a utilizar o programa  Tux Paint. 
Parabéns,   aos deseñadores gráficos!!!






Tamén queremos lembrar este fermoso e divertido traballo que fixeron os nenos de 5º.