O alumnado de 1º traballou a obra deste xenial pintor que reflexou á muller galega chea de cores.
Luís Seoane era un gran amigo de Francisco Fernández del Riego ao que lle dedicamos este curso.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
Luís Seoane era un gran amigo de Francisco Fernández del Riego ao que lle dedicamos este curso.
Aquí tedes unha selección dos que máis vos gustaron.
Tamén tedes un vídeo que fixeron o alumnado de 5º coas súas recomendacións.
Como xa sabedes o noso proxecto " desde s fiestra de don Paco" fai un percorrido pola vida e obra do escritor máis importante.
Realizamos debates e reflexións sobre como a vida da muller en Galicia e no mundo e vai mellorando. Aquí tedes o que fixemos.
Na súa editorial Francisco Fernández del Riego e os seus amigos crearon unha revista cultural chamada Grial.
No número 174, publicaron un artigo de Xavier Castro Pérez titulado:
A fariña dos días: memorias dunha nena labrega.
É un artigo escrito para adultos , pero a nós inspirounos para facer esta revista.
Ides atopar entrevistas que o alumnado do 3º ,4º,5º e 6º realizaron a súas avoas.
Moitas grazas a todas por participar!!!
As fotos que aparecen na revista son fotos libres de nenas dos anos 60 atopadas na rede con fins educativos.
Este fermoso poema fala do caldo galego. Decidimos ler e ilustrar o poema cos nosos debuxos e facer este mural que puxemos no comedor do colexio.
Con axuda de Juan e Ana, os noso cociñeiros, comimos o Caldo de Gloria e os bolos de pote. Pero antes os nenos de cuarto de primaria recitaron o poema. Podedes velo no vídeo que imos publicar na canle.
