Desde esta biblioteca queremos lembrar a este gran escritor que nos deixou este luns. Toda a súa obra forma parte das vivencias lectoras do noso alumnado.
Lembramos neste vídeo o seu paso polo noso colexio.
Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
Desde esta biblioteca queremos lembrar a este gran escritor que nos deixou este luns. Toda a súa obra forma parte das vivencias lectoras do noso alumnado.
Lembramos neste vídeo o seu paso polo noso colexio.
Desde a biblioteca convidámoste á lectura de revistas e libros que temos para ti.
Hoxe o alumnado de 3º de E.P. estiveron buscando cabazas, pantasmas, esqueletos....
Atoparon esta obra de arte dun escultor de Estados Unidos chamado Adam Bierton.
Que vos parece si deixades voar a vosa imaxinción e escribides unha historia con ela? Esperamos os vosos relatos de Samaín.
Nesta ocasión, desde a biblioteca queremos unirnos a esta celebración propoñendo tres actividades acerca das bibliotecas e a orixe desta efeméride.
1. Os nosos valentes lectores e lectoras deberán cumprir unha misión a través dun xogo de pistas e resolver "o misterio do libro desaparecido".![]() |
| HIBA 3º |
![]() |
| ASSIA 3º |
Os nenos e nenas de 6º de E.P. a Dinamizadora de biblioteca Chelo e a nosa titora Cova fomos recoller o premio que a Real Academia Galega otorga aos tres colexios de Galicia que mellor divulgaron a figura de Fancisco Fernández del Riego. 

Este ano queremos dedicar este día a escritora JK Rowling e a súa saga máis coñecida: Harry Potter.
Desde a biblioteca queremos animarte a que escribas e ilustres as túas propias historias que publicaremos aquí.
Os máis pequenos podedes ver esta versión en vídeo e os máis maiores tedes na biblio toda a saga en galego e tamén en castelán.
Estamos dedicando as actividades da primeira quincena do outubro a este tema facendo carteis, actividades e presentacións que iremos publicando
Cartel deseñado por Malak 2º E.P.O equipo de Biblioteca do Ceip Juan Rey, agradece a toda a comunidade educativa a súa participación e colaboración en todas as actividades propostas.
Este curso empezamos a nosa aventura creando un club de lectura, ESCARLATINES.
Formouse con lectores e lectoras de 3º, 5º e 6º de E.P.
O nome que eleximos é unha homenaxe a unha das súas escritoras favoritas: Ledicia Costas, que nos visitou fai xa catro anos. Acaban de concederlle a medalla Castelao. Parabéns!!!
O horario que puxemos foi os xoves despois de comer.
Lemos o libro Dona Problemas do Hematocrítico.
No nos deu tempo a ler outro. Xa que nós tamén nos convertimos nas Dona Problemas do colexio, axudando a quen nos necesitaba alumnos e profesores especialmente nas actividades de Francisco F. del Riego.
En setembro retomamos o club si queredes anotarvos, nós imos repetir Felices vacacións!!
Para nós foi tan importante que lle dedicaran o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego que o celebramos durante todo o curso.
Nestes vídeos da RAG podes ver a nosa pequena colaboración.