Neste curso que dedicamos ao mar quixemos que todo o alumnado descubra ao poeta do mar.
Antonio García Teijeiro levounos ao fondo do mar, a coñecer sereas e a navegar polos sete mares.
O noso premio Fabola de poesía é para o seu libro Poemar o Mar, que xa no 2017 foi Premio Nacional de Poesía.
Todo o alumnado coñeceu e leu este libro.
O alumnado de 4º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Quere o mar o que non ten.
O alumnado de 5º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Unha serea poeta.
O alumnado de 6º de E.I. coñeceu, ilustrou e recitou o poema Neno raro.
Despois eles tamén fixeron versos azul celeste e verde esmeralda que podedes ver ao final do vídeo.
O alumnado de E. P. tamén coñeceron e ilustraron a obra do autor aquí tedes debuxos e vídeos que iremos poñendo ao longo do curso. Grazas a todos por participar e ler poesía .
Nour-Ham creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Unhas coxégas ao mar.
Martina creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Soños de pombas. Paula creou este vídeo con debuxos feitos por ela do poema Sorrimar. Jonathan e Xabi crearon este vídeo con debuxos feitos por eles do poema un , dous tres. Estrella, Carmen, Bader e María recitan e crearon este vídeo con versos do autor .
Lembrade que na biblio temos moitos libros de mar. Temos libros de información e de ficción.
Ao fondo está un poema moi fermoso de Manuel María.
Teño un barco de xoguete...,
Desde a biblioteca esperamos que ao longo do curso vos animedes a escribir, crear e ilustrar unha historia con sabor a mar. Lembrade que temos premios para todos os artistas do colexio.
Como sabedes este curso as actividades do colexio van centradas no mundo do mar.
Desde a biblioteca lembramos a frase de Rosalía: " abride a fiestra que quero ver o mar".
Contan que cando a escritora estaba moi enferma pedía aos seus familiares sentir e ver o mar.
Por iso os carteis levan unha fiestra aberta con versos da autora sobre o mar.
Igual que o curso pasado fomos polo pobo recitando versos da autora e colocando os nosos carteis en institucións e comercios da nosa vila.
Os alumnos e alumnas de 4º de E.I. deseñaron un cartel que homenaxea aos emigrantes cando se ían para América. Debuxaron un barco de pasaxeiros , puxeron cunchas e a foto de Rosalía na praia.
Deixaron o cartel no punto de atención á infancia de Lourenzá.
O alumnado de 5º de E.I. deseñou un cartel con un tesouro no fondo do mar. O cofre contén as obras de Rosalía máis importantes.
O alumnado debuxou estrelas de mar e lembraron os versos das estreliñas da autora.
O seu cartel foi colocado na administración de lotería de Vilanova.
O alumnado de 6º de E.I. deseñou un cartel con unha nena na praia. No horizonte pequenos barcos de pesca.
Este cartel é unha homenaxe a novela da autora: La hija del mar.
Aínda que é unha novela para adultos, lembramos ao alumnado como era a vida das mulleres que vendían peixe en Galicia ao longo de moitos anos.
Deixaron o cartel na zapatería Charlot de Vilanova de lourenzá.
Aquí nos tedes lendo a Rosalía, a nosa escritora máis universal.
Fabola con libros de Rosalía o exemplar máis antigo da nosa biblioteca ten xa oitenta anos.
O alumnado de E.P. tamén elaborou os carteis.
Traballaron a obra de Rosalía e na clase de T.I.C. deseñaron e compuxeron os seus carteis. Parabéns!!!
Alumnado de 1º de E.P.
Alumnado de 2ºde E.P.
Alumnado de 3º de E.P.
Alumnado de 4º de E.P.
Alumnado de 5º de E.P.
Alumnado de 6º de E.P.
E desde aquí queremos dar as grazas a todos os que visualizaron o noso vídeo de Rosalía .
Levamos máis de once mil visitas. FELIZ DÍA DE ROSALÍA 2025