Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

20 may 2024

Letras Galegas 2024. O GLOBO DE PAPEL

 Un dos obxectivos deste curso é analizar e clasificar o noso fondo histórico de libros.

Habilitamos un local para almacenalo e preservalo, xa que temos libros moi valiosos.


Así é como atopamos, polo menos de momento, o máis antigo é O globo de papel. Conto de Elisa Vives de Fábregas ilustrado por Fina Rifá e traducido ao galego por Xohana Torres.

É un libro de Editorial Galaxia de 1966.

Non sabemos de que escola de Lourenzá procede, pero a pesar de que por aqueles anos todo o ensino impartíase en castelán; un profesor ou profesora preocupouse de comprar para a biblioteca un conto en galego que ademais tiña exercicios, vocabulario e actividades.

Estamos nun tempo en que temos centos de libros e materiais en galego tanto de ficción como de información.

Neste Día das letras Galegas queremos homenaxear aos mestres e mestras que falaron, escribiron e fomentaron o uso do galego nas aulas, nunha época que non era fácil e moitas persoas pensaban que o galego era unha lingua de paletos.

Fixemos as actividades que propoñia o libro.

É un conto de 1966 cando Luisa Villalta tiña nove anos. Si queres saber si lle gustou mira o vídeo que fixemos. 





  





19 may 2024

Os contos da Poceira

  Non podemos esquecer que os animais son tamén unha fonte de inspiración para a creación de contos e historias fantásticas.

Propuxemos ao alumnado que, ademais de observar as características e calidades dos habitantes e veciños da poceira, crease un conto para os seus compañeiros.

Aquí tedes algúns exemplos. Iremos publicando máis no que queda de curso.
















Club da Ciencia. Unha poceira chea de vida

 Ao longo deste curso, desde a biblioteca , colaboramos no club da Ciencia, con distintas actividades e propostas dirixidas a todo o alumnado do centro.




A creación e posta en marcha dunha charca no colexio, permitiunos observar a evolución da vida desde o comezo.

Ao mesmo tempo foi tamén un eixo vertebrador para a observación de plantas e animais que viven no noso patio.


Obsevamos e estudamos, tanto os animais da contorna : formigas, bolboretas ou escaravellos, como os que se criarán na propia poceira : ras, cágados, sapos e tritóns.



Documentámonos con fondos e materiais  da biblioteca e tamén adquirimos novos recursos.








O alumnado realizou vídeos , presentacións e carteis nos que dunha forma sinxela e clara achegábase aos animais que viven no noso patio.

 













17 may 2024

Foron felices e comeron perdices.


 Outro dos tesouros que atopamos na biblioteca é este libro de S. Calleja. Polas nosas investigacións trátase dun libro de texto de lingua castelá que polo menos ten 124 anos.
Procedente probablemente dalgunha escola unitaria das parroquias ou de Vilanova.
Nesta investigación tamén descubrimos que Saturnino Calleja  publicou dous tipos de libros:
Libros escolares como o que temos na nosa biblioteca e libros de ficción.
Os máis famosos son os chamados Contos de Calleja.
Estes contos eran unha especie de cromos que fai cen anos coleccionaban os nenos e nenas da época.
Era unha forma de achegar a lectura ás clases populares.
Os contos medían uns 5 centímetros e gardábanse nunha caixa de lata.
Homenaxeando aos nosos antepasados, alumnado e profesorado escribiu e ilustrou 
un conto e puxémolos ao dispor de todos.
A fin de curso os nosos contos serán depositados nunha caixa de lata que queremos que non volva abrirse ata que pasen 50 anos. 

E como dícía Saturnino, esperamos que se cumpla aquelo de " foron felices e comeron perdices" frase que el inventou para rematar os seus contos.  







Día do Libro 2024 Exposición " Don Quijote no colexio"

Este curso o noso colexio  cumpre 50 anos.
Pareceunos que é o mellor momento para revisar e analizar o noso fondo histórico de libros.
Decidimos habilitar un espazo para estudalo e custodialo.
Así foi como atopamos algunhas das xoias bibliográficas coas que realizamos as actividades que che imos a mostrar.
O equipo de biblioteca agradece a colaboración do alumnado de 3º de E. P. que foi fundamental para a realización destas actividades.



Decidimos que para celebrar este día nada mellor que facer unha exposición de todos os exemplares de diferentes edicións que temos na biblioteca.

Así foi como apareceu este que vedes na foto. Probablemente procede de algunha antiga escola unitaria das parroquias ou da antiga escola de Lourenzá. A data de publicación é de 1942.
Temos de todas as épocas.
Os nosos avós, pais e nós mesmos sempre temos un momento para achegarnos a este fermoso libro.





A abelliña que perdeu as ás

O alumnado de 1º e 2º de Primaria  leu e ilustrou este fermoso libro de poesía de Ramón Romero Nogueira.

Este conto en verso é un canto á natureza e ao coidado dos animais e as plantas.

As ilustracións que vemos nas fotos foron realizadas con diferentes técnicas de ilustración dixital.

Desde esta biblioteca convidamos o autor a visitarnos.

Para nós é o mellor libro de poesía infantil publicado este ano.

Felicidades!!!





Coñecendo escritores: David Rodríguez.

 Como sabedes desde a biblioteca procuramos que cada ano nos visite un escritor ou escritora que se dedique a literatura infantil. 

Foi así como nestes últimos anos pasaron pola nosa biblioteca  autores como Ledicia Costas, O Hemtocrítico, Sabela N. Singala, Antía Yáñez e Fina Casalderey.

Este ano acompañounos David Rodríguez. Presentounos o seu Libro: Superavoa. 

Este conto gustounos moito, e por riva David tamén é un cantante moi divertido.

Moitas grazas por vir!!!



25 mar 2024

Día da Poesía

 Desde a biblioteca celebramos este día recitando e ilustrando poemas para todos o alumnado.

Lembrade que a poesía ten moitos beneficios xa que favorece a memoria, gracias a musicalidade e a rima dos versos, así como as súas frases cortas que permiten exercitar a memoria con gran facilidade.

Ademáis estimula o desenrolo da linguaxe conseguindo unha maior conciencia fonlóxica.

                                                            Alumnado de 6º de E.I.

                                                           Alumnado de 5º de E.I.
                                                                Alumnado de 4º de E.I.
          E para rematar o alumnado de 3º recupera e recita este fermoso poema de Manuel María.



50 anos educando en Igualdade.

 Este ano decidimos dedicar o Día da Muller a todas as mestras que pasaron ao longo destes 50 anos polo colexio. 

E xa que o colexio se chama Juan Rey en homenaxe a un antigo mestre de Vilanova de Lourenzá. Decidimos que as aulas levaran o nome de mestras que estiveron boa parte da súa vida no noso colexio.

Mestras que deixaron unha gran pegada no seu alumnado. GRAZAS !!!


                       Dina, Ana, Amanda e Maruja na foto e  no noso corazón Inés e Marina.