Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

2 feb 2025

Semana da Paz. A Paz sempre é a solución

 O alumnado de 6º de E.P. creou e interpretou esta canción que eles mesmos compuxeron.

Tamén representaron diferentes problemas que algunhas veces surxen no noso colexio lembrando ao alumnado que todo se soluciona con PAZ, CARIÑO e AMOR.




Semana da Paz. Rap da Paz

 O alumnado de 5º de E.P. compuxo e bailou este rap que podedes escoitar aquí. Parabéns!!!



Semana da Paz. Novas de Gaza e Israel

 O alumnado de 4º de E.P. seleccionou novas deste conflicto que parece que pouco a pouco vai camiño de rematar.

Grazas polo voso traballo.


Semana da Paz. Ousman Umar

 Como sabedes o colexio dedica este curso a estudar especialmente todo o relacionado co mar.

Esta semana o alumnado de 6º de E.I. coñeceu unha triste realidade: miles de persoas intentan viaxar a Europa. 

Ousman Umar é un rapaz que fixo esa viaxe con doce anos.

O alumnado de 6º de E.I. contou a todo alumnado e a Rufus a súa vida.

Tamén cantaron unha canción que eles mismos compuxeron. Parabéns!!!



27 ene 2025

Semana da paz e os dereitos humanos. Gandhi


O alumnado de 4º de E.I. traballou a figura de Gandhi. Elaboraron este mural e o Día da Paz contaron a todo o alumnado e a Rufus quen era este home. 
E si pinchades na imaxe podedes facer o quebracabezas moi divertido.




 

21 ene 2025

Semana da Paz e os dereitos humanos

O alumnado de 5º E.I. estiveron traballando a figura de Malala Yousafzai. O Día da Paz contaron a todo o alumnado a vida desta rapaza que loita cada día polos dereitos das mulleres e das nenas á educación.




Este é o seu mural e se queredes podedes xogar.

 

19 ene 2025

Bo Nadal

 Rematamos as publicacións do primeiro trimestre, con estas fotos da nosa decoración de Nadal na biblioteca. Todo o alumnado de E.I. e E.P. realizou e creou un sinxelo debuxo para felicitar aos seus compañeiros e compañeiras.









16 ene 2025

25 N .Non te namores de quen non te quere.

 O alumnado de 5º creou ,realizou  e interpretou a súa obra orixinal chamada: NON TE NAMORES DE QUEN NON TE QUERE.

Dunha forma sinxela e divertida conta a historia dunha parella de rapaces  Margarida  e Pepe  que casan e que despois non son felices porque un deles non trata ben ao outro.

Foi un traballo feito polo alumnado desde a idea, o guión, os decorados e os ensaios. 

Utilizando o tempo de recreo para poder estrear  25 N. Parabéns polo seu traballo!!!










14 ene 2025

25 N. As fabas da liberdade

O alumnado de 6º de E.P. representou para todo o alumnado do colexio unha obra de monicreques chamada As fabas da Liberdade. (Autora Chelo).

Como sabedes fai moitos anos no noso pobo vivía un marqués. Eran tempos nos que o matrimonio concertado formaba parte da vida das persoas.

Nesta historia a filla do marqués négase a este matrimonio e decide traballar e plantar fabas.

Para representar esta obra o alumnado deseñou e realizou os decorados.

Tamén adicaron gran parte dos recreos do primeiro trimestre aos ensaios e preparativos.

Para os monicreques utilizaron bonecos que tiñan pola casa. 

Para presentar a obra o alumnado coñeceu a Rifis, un gato que vive na nosa biblioteca moi divertido.