Despois do recreo, xuntámonos na biblioteca, alumnos e profes. Era o intre de aprender cousas novas. Da man do noso profe de música e coa axuda duns vídeos moi chulos producidos pola Real Academia Galega, mergullámonos no fascinante mundo da nosa cultura. Descubrimos e valoramos a enorme importancia que teñen na tradición galega a poesía oral e a música popular, con especial atención ás nosas incribles cantareiras. Foi unha maneira xenial de entender e apreciar ese legado tan rico que temos!
Coñecimos as Pandeireteiras de Mens, un grupo que fixo vibrar escenarios de medio mundo. Tamén nomearon ás irmás Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda, que son a proba de que a tradición pasa de pais a fillos (ou de irmás a irmás!). E non podemos esquecer a Eva Castiñeira, de Muxía, outra voz poderosa desta festa.
Despois lembramos unha actuación en Luar dos anos noventa:un grupo de persoas de San Adriano cantaban e bailaban música tradicional galega. Si queredes podedes volver a ver o vídeo pinchando na foto,
Rematamos a xornada coa actuación de Carla, Iván, Irene, Ana Luísa e Nerea. Cantaron"A Ruada de Pigarzos", que nos encantou a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario