Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

Proxecto " Investigamos os alimentos"








FUNDAMENTACIÓN.

A boa alimentación é unha parte fundamental para o noso axeitado crecemento e

desenrolo integral. Unha alimentación saudable lógrase consumindo alimentos de boa

calidade en forma variada e equilibrada que satisfagan as necesidades de enerxía e

nutrientes do organismo. Dende pequenos debemos incorporar hábitos alimenticios co fin

de coñecer que alimentos son mellores para a nosa saúde, a súa clase, calidade,

cantidade e distribución ó longo do día.

Este o xurde cando os nenos de catro anos traen a clase o conto da “Eiruga Larpeira”,

ante a gran acollida que tivo entre os nen@s, o equipo de E.I decidimos repartir tarefas

entre as tres clases e comezar a andadura deste proxecto. E así conseguimos levar a

cabo un proxecto o bastante amplo para dar cobertura a todo aquilo que nos parecía

interesante para os nen@s.

Deste xeito repartimos as tarefas así:

 Na aula de 3 anos encamiñámolo cara a adquisición de hábitos.

 Na aula de 4 anos investigaron o verme de seda.

 Na aula de 5 anos adicáronse a elaboración do conto “ Un cociñeiro visita Infantil”,

realizaron o mural, traballaron actividades na PDI sobre a natureza e buscaron

información na B.E do centro.

Despois do noso reparto de tarefas, entre as diferentes aulas,planificamos o

noso proxecto en forma de obxectivos, contidos, actividades, criterios da

avaliación....de cara a consecución do noso produto final que foi recollido nun

lapbook. O noso traballo foi organizado do seguinte xeito.

PROGRAMACIÓN.

COÑECEMENTO DE SÍ MESMO

OBXECTIVOS CONTIDOS CCBB IIMM


COÑECEMENTO DO ENTORNO

OBXECTIVOS CONTIDOS CCBB IIMM

 Observar as

cualidades

sensoriais dos

alimentos.

 Observar as

súas

características

morfolóxicas.

 Coñecer os

diferentes tipos

de alimentos.

 Entender como

actúan no noso

organismo.

 Investigar a

orixe dos

alimentos.

 Experimentar as

diferentes

transformacións

que sofren os

alimentos.

 Abordar

diferentes

contidos

 Sistema

dixestivo

 Os cinco

sentidos

 A roda dos

alimentos

 Receitas de

cociña

 A orixe d os

alimentos

 A comida na

escola e na casa

 Cor

 Forma

 Operación

 Seriacións

 Nocións

temporais

CIMF

SC

AA

AIP

CL

CMCT

CSC

Lingüístico/verbal

Corporal/cenestésica

Lóxico/matemática

Visual/espacial

Interpersoal

Intrapersoal

Naturista

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

OBXECTIVOS CONTIDOS CCBB IIMM

 Escoitar explicacións

 Interesarse polas novas informacións

 Utilizar as posibilidades das TICS

 Consultar fontes de informacións

Identificar

 A imaxe

 Asemblea

 Información

 Expresión

 Comprensión

 Memorización

 Adiviñas

 Conto

 Poesía

 Vocabulario

 Debuxo

CL

CMCT

CD

CSC

CEC

AA

SIE

Lingüístico/verbal corporal/cenestésica Lóxico/ matemática Visual/espacial Naturista diferentes alimentos

 Ampliar vocabulario

 Explorar as calidades e propiedades dos alimentos

 Exercitar a exploración sensorial

 Expresarse de xeito coherente.

Para a elaboración do noso traballo tivemos en conta os seguintes puntos:

1. Os obxectivos e contidos así coma os intereses dos nenos partiron sempre

do coñecido.

2. A implicación das familias foi fundamental

3. Os recursos dos que dispoñemos

4. O tempo adicado ó proxecto

5. A organización do tempo e das actividades

6. A implicación e predisposición do alumnado

AVALIACIÓN

Os criterios que tivemos en conta para avaliar o noso proxecto foron os

seguintes:

 Aporte de materiais de informacións

 Desenrolo de estratexias para a resolución de problemas e tomas de

decisión.

 Interese nas diferentes actividades e talleres propostos.

 Compartir espazos e materiais.

 Participación activa.

 Exploración das diferentes situacións

 Espertar a súa curiosidade e creatividade

 Grao de autonomía e adquisición de hábitos e rutinas.

 Desfrute ao expresarse de diferentes xeitos.

 Novos aprendizaxes adquiridos.

TEMPORALIZACIÓN.

A temporalización do noso proxecto foi de dous trimestres (2º e 3º) a andadura

deste camiño comenzou a volta do Nadal e remata nesta 1ª semana de Xuño.

TEMÁTICA DA INVESTIGACIÓN; investigamos de onde veñen os alimentos,

efecto que causan no noso corpo, as transformacións que sofren en

determinados momentos, como chegan hasta nós,....

PROXECTO : INVESTIGAMOS OS ALIMENTOS

O noso proxecto comeza coa elaboración dun mapa conceptual co que

organizar, de forma visible,para nos e para os nenos, o plan de traballo que

imos seguir:

O seguinte paso que dimos

foi elaborar un mural no que puxemos a procedencia dos tres tipos de

alimentos; mineral, vexetal e animal

Así quedou o noso mural da

clasificación dos diferentes tipos de

alimentos

Os nen@s de 5 anos decoraron os corredores para ambientar o noso proxecto

cun mural, decoración de portas e elaboración dun cociñeiro que foi colocado a

entrada do comedor e ó que se lle cambia o menú tódolos días, segundo o que

teñamos para comer.

Mural no corredor simulou un horto en plena

primavera.

Cociñeiro elaborado para a entrada

ao comedor.

Decoración da porta da aula de tres anos.

Mentres isto ocorría por un lado, polo outro entraban na aula de 4 anos os

vermes da seda

E os libros con información dende as casas e dende a nosa

biblioteca e tamén os folletos do supermercado.

Todo estaba a punto para botar a andar o noso proxecto.

Despois de ter preparada a ambientación e os medios para empezar a nosa

investigación, co fin de empezar o proceso de motivación dos nenos, fixemos

unha recompilación das ideas previas cos nen@s tiñan dos alimentos; na aula

de tres anos coñecían o churrasco, as patacas,....e desviaban as súas ideas de

cara a quen cociñaba na casa; o resultado era mamá ou papá cociñando tortilla

ou patacas. Na aula de catro case que conseguiron facer a clasificación dos

alimentos ( vexetal, mineral e animal) neste curso xurdiu un pequeno debate

sobre a orixe mineral dos alimentos. En cinco anos ocorreu algo similar a aula

de catro. Unha vez recollidas todos esas ideas previas puxémonos mans a obra:

Fixemos unha visita a cociña do cole onde o cociñeiro nos puxo ó día dos

utensilios que utilizaba para cociñar e para que servía cada deles. Despois disto

deixamos cos nen@s manipulasen e mirasen os libros que tiñamos na biblioteca

da aula para facer unha aproximación ao que iamos facer.

Elaboramos un Libro Viaxeiro de receitas que visitou tódalas casas dos

nenos,no que cada neno escribía a súa receita;

Na aula de cinco anos empezaron a elaborar un conto viaxeiro co título” Un

cociñeiro visita Infantil” onde contan a historia dun cociñeiro que ven preparar

unha receita ao cole e ó cos nenos lle teñen que axudar a conseguir os

ingredientes para que el poida cociñar o seu menú; uns buscan no

supermercado e outros no horto do cole. Hasta que por fin atopan todo o que

necesitan e o cociñeiro pode cociñar e os nenos probar.

A preparación de todo este material foi elaborado polas mestras de E.I para

cos nen@s puidesen empezar a realizar o seu traballo e intentouse facer o máis

atractivo posible para espertar o interese neles...... e así foi....encantoulles.

O seguinte paso foi levar aos nenos de tres anos ao

mercado,para isto decidimos baixalos un martes de

feira e poder coñecer o que alí se vendía.(ver vídeo)

Os nenos cinco anos decidiron experimentar coas plantas e crearon os seus

propios invernadoiros;

1ª Fase: Plantamos semellas

2ª Fase: Invernadoiro

3ª Fase: Produto final

En catro anos empezaron a traballar e eiruga larpeira en forma de mural con

diferentes vermes elaborados gominolas, pompos e bolas. Ilustraron o conto da

Eiruga Larpeira e o de comida saudable: A eiruga non larpeira. Documentaron

todo o proceso que seguiron os vermes de seda hasta converterse en

Bolboretas e desfrutaron da natureza que envolve o noso cole:

Como este ano o tema da Biblioteca era o arte, tamén

elaboraron unhas Meninas baseadas en cadros de

diferentes pintores e como o noso proxecto xiraba en

torno a alimentación non podía faltar tampouco a nosa

Menina de Velázquez.

Despois de todas estas aventuras decidimos converternos

en auténticos cheffs e empezamos a cociñar: O primeiro

que fixemos foi o pan, despois pasamos as brocheas de diferentes froitas e

puidemos probar os diferentes sabores das froitas soas e con chocolate, logo

fixemos zumes no espremedor e na licuadora, tamén fixemos pasta de

pan....Con estas actividades puidemos xogar cos nosos sentidos (olor,

sabor,gusto....) e puidemos experimentar ao manipular: cortar, pelar, trochar,

mesturar,.... puidemos comprobar a transformación dos diferentes alimentos

ao ser mesturados. Tamén puidemos comprobar como afectan todo isto o noso

organismo e descubrimos o noso aparello dixestivo.

Unha vez investigado o que poderiamos facer cos alimentos que temos a diario

na casa queriamos saber máis e queriamos saber de onde procedía todo iso que

vemos no supermercado cando imos comprar, e o que vimos na feira, e o que

traballamos na nosa cociña,improvisada na aula,....Só queriamos saber máis: de

onde proceden os alimentos que chegan a nos.

ACTIVIDADES

1. Recollida de Información. Documentámonos.

Recopilamos información de libros, contos, ofertas do súper e visitamos a cociña para co cociñeiro

nos contase para que servían todos os aparellos que alí había.

2. Ambientación do proxecto.

3. Elaboración de material viaxeiro. Conto e recetario

4. Xogamos coa natureza. Experimentamos

5. Elaboramos e experimentamos.

6. Experimentamos cos sabores. Os sentidos

7. Actividades de aprendizaxes

9. Arte na escola. Tendo en conta co tema deste ano da B.E era o Arte, tamén recreamos cadros de

pintores famosos.

Utilizamos diferentes técnicas plásticas para crear.

10. Fixemos o noso calendario

persoal das semanas da froita,

segundo a froita que nos tocaba

comer.

11. Convertémonos en pequenos granxeiros, coidando dos animaliños; vimos saír un pitiño dun ovo

e como un verme da seda se convertía en bolboreta.( documentamos todo o proceso)

12. Iniciación as matemáticas ABN

13. Inventamos contos

14. Produto final. Todo foi recollido nun lapbook e en carpetas de traballo.

Detalle de fin de curso para os nenos. Unha caixa aromática elaborada con papel de periódico

DIFUSIÓN DO NOSO TRABALLO

A difusión do noso traballo fixémolo a través da B.E, na páxina web da nosa biblioteca, onde

podedes ver dous vídeos; Imos de Feira e As bolboretas do Juan Rey, tamén está colgada unha

ampla galería fotográfica de todo o que fixemos. Tamén fixemos exposicións e moitor dos materiais

elaborados visitaron as casas das familias.

http://acasadefabola.blogspot.com.es/p/proxecto-investigamos.html

BIBLIOGRAFÍA. Utilizamos diferentes recursos atopados na rede; contos, actividades LIM,

vídeos,...... Estas algunhas das moitas que foron utilizadas e visitadas.

http://www.malavida.com/es/soft/peppa-en-el-supermercado/android/#gre

https://gatuchiclemgnoti.wordpress.com/2013/05/09/nuevo-juego-supermercado

http://actividadeslim.blogspot.com.es/2010/03/os-alimentos.html (activ. LIM)

http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/alimentos.html

http://aescoladebarciela.blogspot.com.es/p/actividades-lim_26.html

https://www.youtube.com/watch?v=4g_wqcP6Zz4

https://www.youtube.com/watch?v=8652IBq8jxQ

https://www.youtube.com/watch?v=FPZhCp5pOFE

Tamén engadimos ao proxecto un CD dun vídeo feito polos papas dunha alumna de 3 anos que

titulamos; Kenia, a granxeira.

Proxecto: Investigamos os alimentos

Equipo de E.I do Ceip Juan Rey de Lourenzá











1 comentario: