Como xa sabedes o 23 de Abril celebramos o Día do Libro.
Nós pensamos que esta é unha data moi importante e por iso tivemos toda esta semana actividades para lembrar esta data.
Patrocinado polo concello asistimos a un recital do cantautor Manoel de Felisa que nos gustou moito, pois as súas cancións e poemas eran moi axeitados para os nenos.
Esta semana tamén se cumple o 5 aniversario de Fabola, que como sabedes naceu o día do Libro.
Aquí tedes unha mostra do que fixemos.
Os alumnos de 4º amosaron o seu orixinal libro A verdadeira historia de Dudoso que como podedes ver está editado e rexistrado como todos os libros da biblioteca.
Neste vídeo podedes velo, seguro que vos gusta moito!!!
Para empezar o outono dende a biblioteca recomendamos a todos a lectura dos libros: El bosque de los grumos e El misterio de los grumos.
Estes libros de Carlos Fabretti fainos viaxar por un fermoso e misterioso bosque cheo de persoaxes fantásticos.
Aos alumnos de 4º esculpiron e imaxinaron como serían. Esperamos que vos gusten e que vos pasedes a velos.
Para rematar o curso queremos amosarvos as diferentes actividades que empezaron para celebrar o Día Internacional do Espazo en outubro e que remataron en maio. Foi un curso no que fixemos
unha exposición que abarcou dende o Big
Bang ata a Estación Espacial Internacional.
Recopilamos todo o que tiñamos e
elaboramos para os fondos de biblioteca un atlas visual, vídeos e xogos
adaptados aos nosos alumnos/as. Despois
de realizadas as actividades os alumnos/as levaron para a casa a chamada “Mochila do Espazo”, que contén un cosmógrafo, un atlas do espazo e un
telescopio infantil, que tivo moito éxito estando ao longo do curso sempre
emprestado e con lista de espera.
Moitas grazas a todos e felices vacacións!!!
Neste vídeo podedes ver unha viaxe polo Sistema Solar con guión e montaxe dos alumnos de 4º de Primaria.
Viaxando polo Sistema Solar
Aquí podedes ver un telexornal e uns xogos creados polos nenos de 3º de Primaria.