Como en anos anteriores a Consellería de Educación adicoullo a unha persoa referente da
literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da
cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un
texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día
do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos
agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada
libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou
xabarín" Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Propóñovos as seguinte actividade:
1. Facede clik na nena que tedes abaixo.
2. Elexide o libro que vos guste.
3. Podedes facer un debuxo e mandarmo para publicar.
4.Tamén podedes enviarme a vosa crítica. 5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
Día do Libro infantil. Dende a vosa casa podedes inventar unha historia ou tamén contar unha xa coñecida. Si queredes podedes enviarma e será publicada no blog.
Neste tempo que temos que quedar na casa imos suxerir a seguinte actividade.
Asómate a túa ventá e mira si pasa ou ves algún animal.
Agora busca información e completa a ficha que tes abaixo.
Non te preocupes si non tes impresora, ou ordenador. Podes facela nun folio ou nunha libreta.
Xa verás cantos animais vas a ver.
Ánimo e a investigar.
Con este vídeo toda a comunidade educativa quere sumarse a esta campaña de ilusión e esperanza debuxando un arco da vella.
Os nenos nenas de 4 anos amosan a súa ilusión e animan a todos a quedar na casa en diferentes linguas:galego, castelán e marroquí porque este virus non distingue nin razas nin fronteiras.
Aínda non rematamos todas as actividades adicadas a nosa escritora máis universal.
Este é o lema que temos para Rosalía que puxemos na porta da biblio.
Atopamos esta imaxe moderna da escritora e engadimos portadas deseñadas por nós aos seus libros máis clásicos.
Tamén ilustramos e escribimos esta biografía con debuxos feitos por nós e con recortables esperamos que vos guste moito-
Asiña vos amosaremos unha escolma poética que estamos elaborando. Estade atentos a nosa canle!!!!
Edicións Fabola.: Eu son Libre.
Estes son os poemas que adaptamos a "Rap" estade atentos!!!