Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
11 jun 2020
Investigamos
Agora que remata o curso lembrade que a nosa biblioteca é tamén un espazo para que investiguedes e seleccionedes información. Aquí tedes algúns exemplos de Lapbook de plantas
, animais, abellas, historia dos contos ou literatura que se fixeron este curso. Grazas por participar.
4 may 2020
LETRAS GALEGAS 2020
Aquí tedes a biografía que fixemos, grazas por participar, que xa sei que tedes moito traballo.
Ricardo Carballo Calero (Ferrol, 1910 – Santiago
de Compostela,
1990).
Este autor é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura en galego ao longo do século XX.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos.
Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos.
Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués.
Aquí podedes atopar actividades e Xogos para que vos acheguedes a súa vida e a súa obra .https://primaveradasletras. sgal/
As actividades que propoñemos dende a biblioteca para
lembrar a este autor, son as seguintes:
-1.Elabora a portada dun libro de Carballo Calero que ao teu parecer é importante. Podes utilizar este modelo ou un que debuxes ti.
-2. Ricardo Carballo Calero cando era neno tamén tiña sonos, Despois de investigar na súa obra , cales poderían ser?
Podes completar a ficha coas túas conclusións.
Podes completar a ficha coas túas conclusións.
![]() |
| Esta é a portada do noso conto |
24 abr 2020
Día do Libro 2020
Este é o conto que fixemos para celebrar o Día do Libro. Está ilustrado con debuxos e ideas dos nenos maiores do colexio para os máis pequenos.
A historia lévanos ao voso futuro, ao ano 2080 cando sexades avós e teñades que contar o que pasou este día que non podíamos saír da casa.
Os escritores do Juan Rey
Estes son os contos dos vosos compañeiros, grazas, así empezaron os grandes escritores. ESCRIBINDO HISTORIAS SINXELAS.
23 abr 2020
CARTEL DÍA DO LIBRO
15 abr 2020
Actividades Día do Libro
Como en anos anteriores a Consellería de Educación adicoullo a unha persoa referente da
literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da
cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un
texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día
do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos
agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada
libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou
xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Propóñovos as seguinte actividade:
1. Facede clik na nena que tedes abaixo.
2. Elexide o libro que vos guste.
3. Podedes facer un debuxo e mandarmo para publicar.
4.Tamén podedes enviarme a vosa crítica.
5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
2 abr 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Día do Libro infantil. Dende a vosa casa podedes inventar unha historia ou tamén contar unha xa coñecida. Si queredes podedes enviarma e será publicada no blog.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























