Estas son parte das actividades e traballos que publicamos na biblio este mes de marzo .
1."NOSOTRAS"
Nos fondos da biblioteca atopamos estas dúas " xoias bibliográficas, son de 1949 e 1964.
Estes libros teñen unha visión da muller moi diferente a de hoxe en día , os alumnos de 4º e 5º analizaron e debatiron a vida da muller no ano 1964 e na actualide.
Os resultados das nosas investigacións podedes analizalos neste libro que fixemos.
2- CIENTÍFICAS GALEGAS. SONIA VILLAPOL.
Investigamos a súa biografía como exemplo de muller científica elaborando sinxelos carteis os alumn@s de 1º e 2º.
3- CAMIÑO DA IGUALDADE.
Os alumn@s de 3 elaboraon este libro no que plasman con sinxelos debuxos o que é a igualdade na vida diaria.
Fixeron tamén unha línea de tempo da evolución dos dereitos da muller.
Aúltima parte do libro analizamos e recollimos as novas que apareceron na prensa da mariña esta semana .
Podedes ver un resumo neste vídeo: 4.TODAS IAMOS A SER RAÍÑAS.
Como sabedes este curso lembramos e poñemos en valor as mulleres poetas.
Analizamos, reflexionamos, traducimos ao galego e ilustramos este fermoso poema da premio Nobel Gabriela Mistral
A conclusión á que chegamos é que todas as persoas deben traballar para que se cumpran as súas ilusións e non esperar que unha parella solucióneo todo...
Un ano máis na biblioteca do colexio lembramos e investigamos a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis imortante.
Como vimos facendo este curso dende 2º de E.P. plasmamos o noso trraballo nun" lapbook"individual da escritora.
Tamén lemos, recitamos e ilustramos versos que engadimos ao noso libro VERSOS EPOEMAS DE ROSALIA DE CASTRO.
Con toda o material que elaboramos os alumnos de 6º realizaron este vídeo. A música foi axuda da profe Julia e dos nenos e nenas de 2º. Esperamos que vos guste e grazas por participar.
Este curso xa sabedes que non facemos murais por seguridade. Xa que estamos en pandemia e preferimos traballo individual .
Para lembras este día todos os alumnos de primaria investigaron dúas das figuras máis importantes e representativas da paz mundial:Gandhi e Martin Luther King. Despois realizamos un " lapbooks, "podedes ver aquí as fotos.
Remata este trimestre e dende o equipo da biblioteca queremos agradecer a vosa colaboración en todas as actividades propostas. Elaboramos este vídeo de Nadal coa canción de John Lennon: XA É NADAL , unha canto a paz por riva de crenzas, raza ou país , esperamos que vos guste, e seguide lendo o que vos apeteza.