Dende a biblioteca traballamos a obra da autora coas seguintes actividades.
1.Exposición e estudo da súa obra literaria e do seus traballos de traductora. Como podedes ver contamos coas edicións orixinais da autora, que completamos coa adquisición de libros publicados para conmemorar estas datas.
2.Traballamos o libro Darío a diario ilustrando e lendo os versos que se podían axeitar aos alumnos e alumnas do noso centro.
3. Colaboramos ao fomento do galego realizando carteis publicitarios.
Estas son parte das actividades e traballos que publicamos na biblio este mes de marzo .
1."NOSOTRAS"
Nos fondos da biblioteca atopamos estas dúas " xoias bibliográficas, son de 1949 e 1964.
Estes libros teñen unha visión da muller moi diferente a de hoxe en día , os alumnos de 4º e 5º analizaron e debatiron a vida da muller no ano 1964 e na actualide.
Os resultados das nosas investigacións podedes analizalos neste libro que fixemos.
2- CIENTÍFICAS GALEGAS. SONIA VILLAPOL.
Investigamos a súa biografía como exemplo de muller científica elaborando sinxelos carteis os alumn@s de 1º e 2º.
3- CAMIÑO DA IGUALDADE.
Os alumn@s de 3 elaboraon este libro no que plasman con sinxelos debuxos o que é a igualdade na vida diaria.
Fixeron tamén unha línea de tempo da evolución dos dereitos da muller.
Aúltima parte do libro analizamos e recollimos as novas que apareceron na prensa da mariña esta semana .
Podedes ver un resumo neste vídeo: 4.TODAS IAMOS A SER RAÍÑAS.
Como sabedes este curso lembramos e poñemos en valor as mulleres poetas.
Analizamos, reflexionamos, traducimos ao galego e ilustramos este fermoso poema da premio Nobel Gabriela Mistral
A conclusión á que chegamos é que todas as persoas deben traballar para que se cumpran as súas ilusións e non esperar que unha parella solucióneo todo...