Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

1 nov 2021

ILUSRAMOS A NOSA VIDA

Aquí tedes os cadros que fixeron os alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º  ilustran momentos felices da súa vida como facía Julia Minguillón cando paseaba por Lourenzá.












































22 sept 2021

ANO DAS PINTORAS E ILUSTRADORAS. JULIA MINGUILLÓN.


Este é o terceiro curso que adicamos ás mulleres artistas as actividades da biblioteca. Sempre procuramos empezar con persoas vinculadas ao noso pobo. 

Julia Minguillón foi unha pintora que pasou boa parte da súa vida en Lourenzá, e foi onde pintou a súa obra máis importante:" A ESCOLA DE DOLORIÑAS", imos velo e investigar a historia de este cadro.

 
Na actualidade, grazas ao noso fotógrafo Iker López podemos ver o qu queda da Escola de Doloriñas.









Observa outros cadros da pintora:













23 jun 2021

Felices vacacións

 O equipo de Biblioteca desexávos a todos un feliz verán.

Desconecta da tecnoloxía e vive aventuras nos libros que che gusten.

En setembro coñecerás a ...




 

Pirulí

Catalogando os fondos da biblioteca atopamos esta xoia literaria, é unha primeira edición do libro Pirulí de Gloria Fuertes de 1960.  Pensamos que para rematar  infantil, nada mellor que  lembrar as poesías que recitaban  os nosos avós.  Dende a biblioteca agradecemos a súa particiación .






 

20 jun 2021

Branquiño e Criatura chegan ao cole Juan Rey

Os alumnos e alumnas de tres anos elaboraron un conto coas súas experiencias vividas este primeiro ano de colexio.

Crearon un personaxe que os acompañará toda esta etapa e que podedes ver no vídeo.

 






Criatura

 

Os alumnos e alumnas de 4 anos traballaron  o misterio e a intriga co seu conto Criatura, que se resolverá o curso vindeiro.





Coñecendo escritoras: Antía Yáñez

O 24 de maio veu visitarnos esta gran escritora, encantounos a súa charla, e deunos moi bos consellos aos que soñamos con ser escitores ou escritoras .