Estamos dedicando as actividades da primeira quincena do outubro a este tema facendo carteis, actividades e presentacións que iremos publicando
Cartel deseñado por Malak 2º E.P.Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
5 oct 2023
Semana Internacional do Espazo
20 jun 2023
Escarlatines
O equipo de Biblioteca do Ceip Juan Rey, agradece a toda a comunidade educativa a súa participación e colaboración en todas as actividades propostas.
Este curso empezamos a nosa aventura creando un club de lectura, ESCARLATINES.
Formouse con lectores e lectoras de 3º, 5º e 6º de E.P.
O nome que eleximos é unha homenaxe a unha das súas escritoras favoritas: Ledicia Costas, que nos visitou fai xa catro anos. Acaban de concederlle a medalla Castelao. Parabéns!!!
O horario que puxemos foi os xoves despois de comer.
Lemos o libro Dona Problemas do Hematocrítico.
No nos deu tempo a ler outro. Xa que nós tamén nos convertimos nas Dona Problemas do colexio, axudando a quen nos necesitaba alumnos e profesores especialmente nas actividades de Francisco F. del Riego.
En setembro retomamos o club si queredes anotarvos, nós imos repetir Felices vacacións!!
LETRAS GALEGAS 2023
Para nós foi tan importante que lle dedicaran o Día das Letras Galegas 2023 a Francisco Fernández del Riego que o celebramos durante todo o curso.
Nestes vídeos da RAG podes ver a nosa pequena colaboración.
4 jun 2023
IGÚALA-T . Luís Seoane e a muller galega
O alumnado de 1º traballou a obra deste xenial pintor que reflexou á muller galega chea de cores.
Luís Seoane era un gran amigo de Francisco Fernández del Riego ao que lle dedicamos este curso.
16 may 2023
IGUÁLA-T: Lecturas recomendadas para o fomento da igualdade.
Aquí tedes unha selección dos que máis vos gustaron.
Tamén tedes un vídeo que fixeron o alumnado de 5º coas súas recomendacións.
15 may 2023
IGUÁLA-T: A evolución da muller galega ao longo do século XX.
Como xa sabedes o noso proxecto " desde s fiestra de don Paco" fai un percorrido pola vida e obra do escritor máis importante.
Realizamos debates e reflexións sobre como a vida da muller en Galicia e no mundo e vai mellorando. Aquí tedes o que fixemos.
IGUÁLA-T: memorias dunha nena labrega.
Na súa editorial Francisco Fernández del Riego e os seus amigos crearon unha revista cultural chamada Grial.
No número 174, publicaron un artigo de Xavier Castro Pérez titulado:
A fariña dos días: memorias dunha nena labrega.
É un artigo escrito para adultos , pero a nós inspirounos para facer esta revista.
Ides atopar entrevistas que o alumnado do 3º ,4º,5º e 6º realizaron a súas avoas.
Moitas grazas a todas por participar!!!
As fotos que aparecen na revista son fotos libres de nenas dos anos 60 atopadas na rede con fins educativos.









