Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!

2 feb 2025

Semana da Paz. Novas de Gaza e Israel

 O alumnado de 4º de E.P. seleccionou novas deste conflicto que parece que pouco a pouco vai camiño de rematar.

Grazas polo voso traballo.


Semana da Paz. Ousman Umar

 Como sabedes o colexio dedica este curso a estudar especialmente todo o relacionado co mar.

Esta semana o alumnado de 6º de E.I. coñeceu unha triste realidade: miles de persoas intentan viaxar a Europa. 

Ousman Umar é un rapaz que fixo esa viaxe con doce anos.

O alumnado de 6º de E.I. contou a todo alumnado e a Rufus a súa vida.

Tamén cantaron unha canción que eles mismos compuxeron. Parabéns!!!



27 ene 2025

Semana da paz e os dereitos humanos. Gandhi


O alumnado de 4º de E.I. traballou a figura de Gandhi. Elaboraron este mural e o Día da Paz contaron a todo o alumnado e a Rufus quen era este home. 
E si pinchades na imaxe podedes facer o quebracabezas moi divertido.




 

21 ene 2025

Semana da Paz e os dereitos humanos

O alumnado de 5º E.I. estiveron traballando a figura de Malala Yousafzai. O Día da Paz contaron a todo o alumnado a vida desta rapaza que loita cada día polos dereitos das mulleres e das nenas á educación.




Este é o seu mural e se queredes podedes xogar.

 

19 ene 2025

Bo Nadal

 Rematamos as publicacións do primeiro trimestre, con estas fotos da nosa decoración de Nadal na biblioteca. Todo o alumnado de E.I. e E.P. realizou e creou un sinxelo debuxo para felicitar aos seus compañeiros e compañeiras.









16 ene 2025

25 N .Non te namores de quen non te quere.

 O alumnado de 5º creou ,realizou  e interpretou a súa obra orixinal chamada: NON TE NAMORES DE QUEN NON TE QUERE.

Dunha forma sinxela e divertida conta a historia dunha parella de rapaces  Margarida  e Pepe  que casan e que despois non son felices porque un deles non trata ben ao outro.

Foi un traballo feito polo alumnado desde a idea, o guión, os decorados e os ensaios. 

Utilizando o tempo de recreo para poder estrear  25 N. Parabéns polo seu traballo!!!










14 ene 2025

25 N. As fabas da liberdade

O alumnado de 6º de E.P. representou para todo o alumnado do colexio unha obra de monicreques chamada As fabas da Liberdade. (Autora Chelo).

Como sabedes fai moitos anos no noso pobo vivía un marqués. Eran tempos nos que o matrimonio concertado formaba parte da vida das persoas.

Nesta historia a filla do marqués négase a este matrimonio e decide traballar e plantar fabas.

Para representar esta obra o alumnado deseñou e realizou os decorados.

Tamén adicaron gran parte dos recreos do primeiro trimestre aos ensaios e preparativos.

Para os monicreques utilizaron bonecos que tiñan pola casa. 

Para presentar a obra o alumnado coñeceu a Rifis, un gato que vive na nosa biblioteca moi divertido.















3 dic 2024

25 N Alumnado de 4º. Que é a violencia de xénero?

 Con axuda da ANPA o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P. realizaron diferentes actividades para o fomento da igualdade e a erradicación da violencia de xénero. Este sinxelo vídeo é unha idea do alumnado de 4º.






25 nov 2024

Dereitos da infancia

Para lembrar este día o alumnado de 2º de E.P. seleccionou esta exposición de libros que tedes a vosa disposición na biblioteca.


 Tamén elaboraron estas tres curtas.

Como podedes apreciar nos vídeos foron gravados en directo e sen ensaio previo. Pensamos que tendo en conta estas circustancias quedaron moi ben. Esperamos que vos gusten.

A técnica utilizada foi o teatro de marionetas.

                                                            1 DEREITO A IDENTIDADE



                                             2. DEREITO AOS COIDADOS MÉDICOS


                                               3. DEREITO A SER SALVADOS.