Dende o blog da biblioteca imos propoñervos actividades, lecturas ou páxinas onde crear os teus propios soños, onde pasalo ben e aprender.
Benvidos ao blog da biblioteca do Ceip Juan Rey!
24 abr 2020
Día do Libro 2020
Este é o conto que fixemos para celebrar o Día do Libro. Está ilustrado con debuxos e ideas dos nenos maiores do colexio para os máis pequenos.
A historia lévanos ao voso futuro, ao ano 2080 cando sexades avós e teñades que contar o que pasou este día que non podíamos saír da casa.
Os escritores do Juan Rey
Estes son os contos dos vosos compañeiros, grazas, así empezaron os grandes escritores. ESCRIBINDO HISTORIAS SINXELAS.
23 abr 2020
CARTEL DÍA DO LIBRO
15 abr 2020
Actividades Día do Libro
Como en anos anteriores a Consellería de Educación adicoullo a unha persoa referente da
literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da
cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un
texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día
do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos
agasalla esta evocadora afirmación:
"Cada
libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou
xabarín"
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!
Propóñovos as seguinte actividade:
1. Facede clik na nena que tedes abaixo.
2. Elexide o libro que vos guste.
3. Podedes facer un debuxo e mandarmo para publicar.
4.Tamén podedes enviarme a vosa crítica.
5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
5.Iustrar o lema de este ano con un debuxo "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"
2 abr 2020
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Día do Libro infantil. Dende a vosa casa podedes inventar unha historia ou tamén contar unha xa coñecida. Si queredes podedes enviarma e será publicada no blog.
25 mar 2020
Dende a miña ventá.
Neste tempo que temos que quedar na casa imos suxerir a seguinte actividade.
Asómate a túa ventá e mira si pasa ou ves algún animal.
Agora busca información e completa a ficha que tes abaixo.
Non te preocupes si non tes impresora, ou ordenador. Podes facela nun folio ou nunha libreta.
Xa verás cantos animais vas a ver.
Ánimo e a investigar.
![]() |
| Portada |
![]() |
| Unha ficha para cada animal Aquí tedes as que me vades mandando Carla 1º |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































